Aquí deixo un enlace para que disfrutedes do recital do pasado martes.

eròticas na xina.



As verbas policromaticas encherannos os sentidos mergullándonos en paisaxes descoñecidos/coñecidos, da mau de Alba Rubio, Ana Escourio e Eu mesma.

Tamén imos contar coa explosión de sutileza dos grafitos de Ilaria Sgrigna creados este domingo e que seguirán vestindonos cos seus trazos multicolor.

E como non coa mistura dalgunhas das máis sinxelas e suxerentes sorpresas que aconteceran ao longo este martes 26 de maio as 20,30h na Xina A.R.T., de Barcelona, dentro do ciclo O CATALIZADOR. e da Semana de Poesia de Barcelona.

Agardámosvos alí clausurar esta 2ª parte do MENÚ DEGUSTACIÓN.

novamente fluo polo río-lume,
as túas verbas queimanme a gorxa,
desalentan a paixón.

derréteste na suavidade dun agarimo impronunciado,
baixo miñas xemas calóricas fundes túa polpa vigorosa.
somos aristócratas dos sabores,
os inauditos captores de sutileza.

abre un pouco máis a boca,
deixame entrar,
pousate en min e flue da necesidade mesma do incomprensible.

eva méndez doroxo

24 de maio actuamos con poemas meus na Xina Art, dentro do ciclo do Catalizador e da Semana de Poesia de Barcelona.

En breve máis detalles

nego teus dedos percorrendo miñas imperfeccións.
reprimes os latexos púdicos,
comes as dúbidas,
chuchas a salvia do meu corpo.

nego teus beizos presionando miñas necesidades.
berras salvaxe, contido nos silencios do pentagrama.

nego túa pel mergullada en meu tacto.
comprendes o medo,
corrompes a lingua,
intercálaste coa curva de miña incongruencia.

eva méndez doroxo

nego teus dits resseguint les meves imperfeccions.

reprimeixes els batecs púdics,
menges els dubtes,
xucles la sàlvia del meu cos.

nego teus llavis pressionant les meves necessitats.
crides salvatge, contingut en els silencis del pentagrama.

nego 'ta pell submergida en el meu tacte.
comprens la por,
corromps la llengua,
t'intercales amb la corba de la meva incongruència.

en función do incomprensible: desintégrome.
na corrupta levedade do ínfimo: conxelo o sentimento amor.
perdurar é retallar a cadea, sobrepasar o tempo, enfilar a indómita sensibilidade allea,
e despois dunha loita a vida ou vida, conseguir mudar a identidade, seguir no mundo subterráneo,
sobrepoñer a natureza orgánica ao lixo do corpo en descomposición.

quero saber o que pedín antes de me esquecer de min mesma.
faloume nun susurro,
dende o lonxano eco da memoria.
apareceu a figura dunha pantasma, un ser alado (o non iniciado podería confundir con un anxo).

o resumo da incerteza,
da dignidade do peón que deambula polos teixidos do noso cosmos,
non é máis c'unha parábola da existencia mesma,
un de-sincronismo, aforismo do absurdo: permancer.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats