quinta-feira, outubro 13

pista 3. zamfona.

extravíome na encrucillada dos teus silencios e os agarimos doutras bocas.
desintégrome na forma cóncaba da túa mau sobre un outro peito,
desprazado polas liñas dun corpo que non é o meu,
mergullado no estrano sabor dalguén que descoñezo.

e eu, sostida polos alentos, entrégome furiosa aos homes que te representan,
as voces que te alonxan de min,
aos beizos que arden o teu recordo da miña pel.
para espertar, espida, no fogar da desesperación dialéctica,
esa que, sen motivo, me atrapa para facerte renacer, con máis forza, na miña pel debastada.

eva méndez doroxo 






4 comentários:

Anónimo disse...

cando o sepa cho digo, pero seique todo se esquece

Eva disse...

grazas mil, pero agardo que non esquezamos, que sería de nós sen a memoria? beijinhos.

Noa disse...

cando lin isto onte no facebook case ata me deu envexa de non escribilo eu, porque ultimamente pásanme lóstregos deses pensamentos pola cabeza... ai.

eu tamén teño un blog, por certo!

atolemia.blogspot.com

Eva disse...

noa mil grazas polos teus comentarios, son vento novo para encher as velas :)
por certo fermoso o teu blog bicos e "benvolguda"!

Free Counter and Web Stats