sexta-feira, setembro 30

plan de fuga 3.809.

as incógnitadas son o meu compañeiro de viaxe. o interrogante a miña amante nocturna. os signos de puntuación advírtenme que as túas pegadas aínda están recentes, nesta pel que habito. eva méndez doroxo

quinta-feira, setembro 29

euforia.

árdesme. exhausta afógote entre as miñas dúbidas, os medos érguense, as lembranzas queimanme a pel. sinto a dor nas miñas xemas ao acaricirte, os meus beizos espeléxanse ao percorrerte, árdesme, árdesme, árdesme. eva méndez doroxo

quarta-feira, setembro 21

renacemento.

non aturo unha realidade na que os teus dedos non percorran a miña pel, na que non te sinta penetrar no absurdo das miñas dúbidas, e que as túas falanxes derretan as verbas nos meus beizos. non aturo saberte no outro extremo de min, no lado que xa non habito, na habitación onde dormen os agarimos calados, entre arañeiras e ferro. pero ti non desexas, xa, pasearte espido pola miña incredulidade. non pretendes ollarme pétreo, mentras a roupa se invisibiliza. xa só queres entregarte ao silencio e o esquecemento, compañeiros eternos na miña viaxe cara a ti. eva méndez doroxo

quinta-feira, setembro 15

novamente ti.

enfundada na incerdidume, médrame, na gorxa, desesperación dun berro. conteño, tres segundos, a identidade e exploto de forma insensible. espaida en anacos de existencia controlada, limpo os restos de tinta dos meus órganos. atrapada no silencio, estoupanme os tímpanos o oirte pronunciar o meu nome. eva méndez doroxo

terça-feira, setembro 13

sonata.

resístome aos teus beizos,
á cadea dos teus dedos,
ao insensato de ser túa.

son un nubelo de desexo,
unha fervenza descontrolada
que arrasa a túa pel, morna,
con aguda fame líquida.

afondas nun espacio, indeterminado,
da miña confusión,
entre as pernas e a cabeza,
no neal da paixón.

eva méndez doroxo.

segunda-feira, setembro 12

Barcelona m'esborrona.

filtrado, polos espazos que deixo,
agarimas os meus recunchos.
hipnotizada, entre os teus beizos,
camiño polos quilometros de pel
que separan o suor e a tela.
mergullados no eclipse dos corpos,
sen máis misterios cos nosos silencios,
aproximamos a lingua a un padal descoñecido,
para convertirnos, de novo, en vapores doutros tempos.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats