Mostrar mensagens com a etiqueta das do roxo. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta das do roxo. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, março 24

manifesto (homes)

ardede nos infernos da insensibilidade,
na ignorancia dos agarimos perdidos,
enfrentádevos a nós, exercito de amazonas,
amantes desesperadas,
mulleres amputadas.
olládenos aos ollos,
reflexo infinito da sabiduría cósmica
que tanto temedes
e fuxide como predadores exhaustos
a novos brazos androides que restauren
vosa inconciencia.

eva méndez doroxo

quarta-feira, fevereiro 24

sangue

a circunferencia dá voltas na miña testa,
non comprendo a dor,
entendo de emocionalidade
pero non falo o idioma pel.

comunicar_

atrapada na parábola dos outros
os que me observan
intento artellar o discurso.

_ comunico

ante vós áchome espida,
non tapan miñas branduras os vestidos do tempo,
as cicatrices das loitas anteriores son o ropaxe que vos amoso.

cominicamos?

ollos que xulgan,
verbas que firen,
risas que me alonxan do neopopulismo austral.

na illa.
vexetando.
simple e aterrada, estou.

eva méndez doroxo

domingo, janeiro 31

bágoa

deslízome polo branco,
decruando as sésegas da terra, 
escarvo nos miolos do sufrimento.

sego as cadeas,
fendas de espiga polas que me arrastrar.

móstroche o camiño no que afondar o ferro,
sangro o sangue todo da miña identidade.

eva méndez doroxo

quarta-feira, janeiro 27

desmembrada

amanezo axeada.
non existes.
no outro lado da cama non hai nada,
tal vez o fondo imaxinario dunha sociedade en decadencia,
tal vez unha forma eterea de eternidade abtracta.

ergome co frio no corpo.
desprovista de identidade e prexuizo peiteo a lingua que me arricaron.
os xestos non consiguen calmar a dor ca amputacion deixa.
como comunicar?

eva mendez doroxo

segunda-feira, janeiro 18

flamenco 1.c

triste agonia a de te agardar.
mollada, baixo a chuvia da incerteza.
entre as froitas machucadas daqueles dias,
nos que ser tua significaba levitar.

mergullalleste noutros corpos,
sorbendo a sabiduria doutras bocas,
afondaches na precariedade doutros seres,
e ainda asi, voltas exausto, novamente a meus pes cansados.

invademe novamente,
refuxiate en min desesperado,
enchendo cada glandula deste corpo que non e mais co templo no que adorarte.

eva mendez doroxo

artes escenicas

odio o xeito que teis de borrarme.
a facilidade coa que te mergullas noutros beizos.

os ollos cristalizan as imaxes do inconsciente,
ti entre elas, amosas sombrio, o xesto sutil co que me menosprecias.

son a musa,
a deusa das artes todas.
rexeitasme omnivoro,
desexas a outras,
criaturas mediocres, que habitan o fango.

mordo a memoria coa rabia da que non ten nome,
da que foi esquecida,
da que ninguen lembra.

eva mendez doroxo

terça-feira, outubro 13

suicidio feminino

todas nós, poetas suicidas, despertas na noite, impasibles ao frío,
escribimos a dor nás páxinas,
a paixón entre os versos, eles, os fillos das mortas.
unhas gotas de lume entre o poema e vida.

somos as suicidas dunha historia, a nosa,
dunha traxedia, a humana,
dunha incongruencia: a existencia toda.

estamos en constante caída libre, contra un chan inalcanzable,
sen saber se ao fin atoparemos esa morte anhelada, buscada, desexada, finalmente atopada.

eva méndez doroxo

totes nosaltres, poetes suicides, despertes en la nit, impassibles al fred,
escribim el dolor a les pàgines,
la passió entre els versos, ells, els fills de les mortes.
unes gotes de foc entre el poema i la vida.

som les suicides d'una història, la nostra,
d'una tragedia, la humana,
d'una incongruència: tota l'existència.

estem en constant caiguda lliure, contra un sól inabastable,
sense saber si a la fi ens trobarem amb la mort anhelada, cercada, desitjada, finalment trobada.

quarta-feira, outubro 7

abolición de min

hoxe desfigurei a cara.
córtaronme 14 pares de ollos,
diseccionáronme en linguas descoñecidas.

estiven inmóbil no linchamento,
descuartizada por orde alfábetico,
depositada en catro frascos.
no éter seguín ardendo, configurando o discurso.

a absolución non deu chegado,
a profundidade do gris tornouse densa de máis.
os dedos aturuxados berraron os dias de frores, agarimos, represión.

desfigurei a cara,
amputei os brazos,
baleireinme de órganos e teixidos.

conservando a verba alcei o paso.
descontruida a partir da nada,
construida dende o eu,
sigo hoxe desfigurándome a cara.

eva méndez doroxo

quarta-feira, julho 15

descontruíndo-nos

surfeo polo cantil da cordura, xogando no fío da navalla, na estrada sen liñas.
completas a ausencia de reflexión.

tumbada a ezquerda de min mesma vexo o reflexo do que fun.
unha muller compensada,
duas pernas lónxe do peito circular.

teño dous botons metálicos por ollos,
contemplo o ruído,
vexoo pasar,
acaricio a súa rugosidade profunda,
resgo a vida coa impronunciable verba que me separa de min.

sorbo o alimento líquido,
a velocidade textil rómpeme os matices.

son uns beizos cosidos,
a furia contida nos cantís da humanidade.

eva méndez doroxo

segunda-feira, julho 13

torturas de luz 1.0

trasmutación xenética das necesidades.
práctica eterea na que se mergullar con total ausencia de medo.
compromiso abstracto no que se sentar,
do outro lado,
luz

____: son ininterpretable. contacto eufórico presexual no que nos esquecemos de sentir.

- quixen dicir que non entendo, pero véxote: es transparente.-

todas e cada unha das partículas que compoñen a mente son organismos autónomos que reinterpretan os pensamentos.

_____: sinerxias coherentes. momento previo á luz.

tortúrame coa indiferencia que propois nos dialogos de silencio.
tórname musa pendurada na imaxinación de teus dedos.
faime xemir,
remexerme no irreal para sentirme viva novamente.

alónxaste de min a cada instante,
téñote entre meus beizos,
apreto os dentes fundíndote co sangue que mana cara adentro, na profundidade do ser que nos contén; atrapados.
atravésame mil veces coas falanxes ausentes de carne.
deixame convertir esta incredulidade no son previo á composición da simetria universal,
transportame naufraga de recionalidade.


eva méndez doroxo

quinta-feira, março 26

capturada

sigo viva.

seino porque a presión dos dedos faime xemir.
supuro líquido por todo o que antes era o meu corpo.
vexo meus miolos escorrerse pola baranda de ferro.

fun o maná dos corvos, vestidos de amarelo, que se apresuraron en recollerme do chan.

agárrome á cadea de verbas incomprensibles que reconstruen o meu cadro clínico,
a miña incomprensible e irritante maneira de represión vulgar.

ollo para os textos que se representan en imaxes dixitais,
aspiro o alento dunha recóndita rexión-mar, que chaman psicósis paranoide.

sinto como me apertan as descárregas de sal,
vomito os fluidos sanguineos na taza branco-nuclear.

desgarro a visión abrupta na que afondar miñas queixadas famélicas.
ordeo a este corpo desmembrado que execute un derradeiro esforzo para poder escapar.

invádeme a incertidume mentras olleo o meu cerebro no que semella unha mesa de operacións.
extírpanme as ás.
cósenme e deixanme seguir vivindo.

no reflexo do espello hai unha pelicula grabada,
é a única proba que teño: un dia quixen ser libre.

eva méndez doroxo

quinta-feira, março 5

Morte á Vida

Ocúpasme o espazo da realidade efímera na que falamos entre pementa carmesí, no resplandor que taladra as córneas.

Corrómpo a imaxinación cando te vexo erguido e metálico do outro lado do espello, contido por un parasol que filtra a chuvia.

O vexetal que nos habita empeza a secar, arríncanos a savia purpúrea da segunda pel, a que doe cando nos mesturamos na contradicción prohibida.

                                      _  Non podo recuperar o alento.

Conseguimos sobrevivir ao xeo, afondar nosas pernas de sal na auga fervendo e resistir os berros da morte.

Ímos arando a terra sangrante das íalmas femias. 

As tempas que arderon entre nós.

Compostas da memoria das que foron fundidas e deberodas, nós as que perduran no tempo.

eva méndez doroxo

terça-feira, março 3

inexistencia

encántame verte desaparecer.
pechar a porta,
apagar a luz,
desconectarte do internet.

encántame que tan só sexas a imaxe das lembranzas.
un adeus impronunciado,
o antagónico ser que resume a miña vida toda.

debezo cando escoito o teu nome noutros beizos,
cando as letras das cancións que non bailamos se filtran por entre as cortinas.

amo o xeito irónico que teis de pechar os ollos,
de pecharme as maus,
de arrincarme as bágoas.

suprimo o vértigo que me produce imaxinar verte,
cruzarnos na rúa,
atoparte ardente, contemporaneo, abstracto.

somos o froito da espera,
o inconforme,
aquelo que non acontence.

emerxes da verdadeira esencia do meu ser,
da profundidade toda na que bucear sen oxíxeno, sen lentes, sen traxe.

eva méndez doroxo

terça-feira, janeiro 13

escarlata-s

estendo as ás no bosque sumerxido.
emerxo da separación das particulas de oxíxeno,
son a espiral alada que bica os beizos da morte.

o plancto résgame as plumas,
aberto o peito,
penetrada polas escarpadas voces dos que afunden a ánima na oscuridade.
ergo o voo prendendo escamas a meu bico,
amputado corpo do que escapar.

eva méndez doroxo

terça-feira, dezembro 30

céntimetros_2

1.- a pel lembra o que o corazón esquece.
2.- tres son os céntimetros que te diferenciaron doutros,
nos que te refuxiache de miñas verbas envenenadas,
dos agarimos dunha pel que non cicatrizou aínda.

non comprendes que agardar o frío,
sentir o medo, espertar no baleiro,
é o mesmo que non terte.

3.- a inversa da negación infinita é a realidade absoluta.
unha pinga de suor que esvara.
abrir a carne e dar paso a que as maus acaricien os órganos desfeitos
que aínda nos permiten vivir.

sombrías formas ten o futuro de facernos ver a verdade que se hacha tapada baixo as risas.

eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 3

tres

Abandoei as letras,
gardeinas nun caixón e tirei a chave das lembranzas.
Soñei que era unha vela,
co ar me impulsaba grande, lonxe.
Aprendín as mentiras todas deste mundo,
olleite de frente coa información inscrita na córnea ao redor do azul.

A electricidade apresúrase a percorrerme,
marcha do meu corpo para penetralo con celeridade espasmódica.


Bailo no cerco das fadas,
ao redor das cores todas que me suministran.

Escapo deste corpo mustio,
ao que roubaron súa tersura,
aniquilaronlle os músculos,
derretiron seus ósos,
secando os conductos da vida.

Pero sigo voando na inmensidade do azul, sigo vela imparable.


Son a concubina da morte,
a amante dos desesperados,
o alento das torturadas.

tabilhona

quinta-feira, novembro 13

alteracions de vida 2

son a musa mutilada nos silencios.
apresúrome a arrastrar meus muñóns de ar e xeo.

comunicamos por medio das ausencias entrelazadas,
mensaxes abruptas penduradas dos cantís de nosos corpos alienados.

mutamos de forma para atoparnos baixo o lúar impuros e doces.
agarimar cada anaco de pel cicatrizada, inmunizada de nós.

saberte ocúpame demasiado espacio nesta existencia de morte.
non terte enche toda a distancia entre miñas células mortais.
esquecerte...única liberación mutante.

eva méndez doroxo

quarta-feira, novembro 12

alteración da vida 1

son, aínda, a folla que treme en teu alento ausente,
na mordedura que enche de veleno a separación entre a dermis e a realidade carente de sentido.

carretamos os mortos nas costas pero non divisamos nosos corpos espidos tras a celosia de papel de arroz que nos separa.

funme, aínda son ida,
non controlo a temporalidade,
vivo nun auspicioso pasado que me conmove.

alargo sempre miñas mans baixo as sabas, buscando a humidade, o bater dun insólito corpo que me abrangue toda.

os eclipses transcurren e meus ollos miran túa intencionalidade oculta tras o máis espesos dos silencios.

eva méndez doroxo

quinta-feira, outubro 16

frontal

nas costuras da morte mézome.
trepo espida de palabras aos beizos dun cráneo sen carne.
espertei na oscuridade, mirei miña mau fuxir baixo teus contornos,
animal aterrado que me deixa sorberlle o zume da vida
na distancia que marca o reloxo ouveando seus cuartos para apartarte de min.

teño que meterme no armario, buscar entre as páxinas queimadas, rescatar as letras borradas polo paso das vidas e reconstruir meu magnétismo, miña personalidade gótica, revosante de perplexidade, antes de saír do esquelete que me protexe da vida, que me seca a inmácula concepción de irrealidade.

superposta no calidoscopio de papel recupero miña mau en fuga, vomitote mesturado con sangue e recapacito sobre a inexactitude do tempo que nos corrompe.

eva méndez doroxo

terça-feira, abril 22

coa venia señoría.

esquelete fluorescente perceptible na noite pecha.
cargo nas miñas costas a mirada inquisidora dos que me xulgan.
non me chamaron a xuízo mais impunemente sometéronme á cadea.

desequeinme angorde na indiferencia de quen sabe mancar co verbo.
non pretendo berrar na necrópoles,
nin escarvar, coas unllas gastadas, a madeira da caixa que me fixeron.
o diálogo só serve a mil tres centos quilómetros baixo terra.
os cocos voráxines aceptan miña carne sen condicionamento.
non xulgan quen e qué fun.
nutren seus estómagos famélicos e escoitan pacientes a xustificación do meu silencio.


eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats