Mostrar mensagens com a etiqueta para diabeticos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta para diabeticos. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, novembro 15

tesouros

m'aproximo al perill de sentir-te lluny.
cinc milímetres son masses.
mossego la distància que ens separa,
el silenci u omple tot.

desitjo tornar a enfonsar la meva pell
en les teves paraules.
que les teves dents m'arrosseguin a l'univers desconegut,
on el temps es queda quiet,
observant com les nines se'ns dilaten i les llengües lluiten.

eva méndez doroxo


acércome ao perigo de sentirte lonxe.
cinco milímetros son demáis.
mordo a distáncia que nos separa,
o silencio encheo todo.

desexo voltar a mergullar a miña pel
nas túas verbas.
que os teus dentes me arrastren ao universo descoñecido,
onde o tempo queda quieto,
observando como as pupilas se nos dilatan e as linguas loitan.

estorniño

cae, sobre min, a implacable auga.
erosionada, sen posible resistencia,
esfameada entre as túas maus, me acho.
doeme a corteza.
acábome sen celeridade,
transformada en argamasa á que das forma.
interpreto o son do silencio perpetuo
pendurada dos teus beizos.

eva méndez doroxo

quinta-feira, novembro 11

ta-hi

"o corazón que nunca amou,
non merece ser amado."

inflamada no teu peito, agardo.
a memória esquecina na porta,
entre teus beizos, nos teus ollos.
cansei de non saber,
de non querer,
batendo alén do corpo,
fora de nós,
coa forma do vento,
xeada, incompleta.
agardo, inflamada no teu peito.

eva méndez doroxo

terça-feira, outubro 19

grupo 6

impossible ser teva novament.
aquesta vegada la meva gol·la no et pot nutrir,
ni la meva sang omplir-te de vida.

ara haig de marxar,
abandonar els teus brazos freds,
la teva mirada plena de fantasmes
i tornar a ser lliure.
desagnar-me absolutament,
indefinidament extreure'm del cos el teu sabor,
el teu alé,
la teva pell extranya i enfonssar-me en els llavis
que saben pronunciar el meu nom,
que coneixen la meva ànima,
que em regalen la seva sang.


eva méndez doroxo


imposible ser túa novamente.
esta vez a miña gorxa non pode nutrirte
nin o meu sangue encherte de vida.

agora teño que marchar,
abandoar os teus brazos fríos,
o teu ollar cheo de pantasmas
e voltar a ser ceibe.
desangrarme absolutamente,
indefinidamente extraer do meu corpo o teu sabor,
o teu alento,
a túa pel estrana e mergullarme nos beizos
que saben pronunciar o meu nome,
que coñecen a miña alma,
que me agasallan o seu sangue.

quinta-feira, agosto 19

3%

lamber o cheiro a pel,
mergullarme na necesidade abstracta de ti,
conspirar contra os alentos,
rexeitar a imposibilidade humida de nós.

universo imperfecto de agarimos desertos,
concentricidade diagnóstica,
rapidez atemporal.

na herba, pendurados,
extravagantes baixo un ollar interrogante, doce, inesperado.

eva méndez doroxo

quarta-feira, julho 14

obsesions, seri XXXY

constantemente atravésasme,
enraizas nas miñas constantes vitais
e atacasme furacanado e doce.
increible apelación do irremediable
cando te fundes no oxixeno que me alimenta.
formulo a irrespostable pregunta,
infinito pretendes respostarme
facendo manar sangue dos meus ollos.
sigo na corda,
equilibrando o xeito inesquecible que teñen
os beizos sobre a pel.

eva méndez doroxo

terça-feira, julho 6

sintàxis

aleshores s'obrí la porta.

els ulls enigmàtics pujen per les camens,
el formigueix eclosiona,
quan l'encreuament dels cossos fa impossible la retirada.

una dona nua,
una dona sola,
una dona abstracte recorreguda per un exércit d'insectes
que conformen l'apariencia de l'home,
l'ésser antagònic que m'explora i m'inspecciona
sota la mirada inquieta del qui se sap descobert.

aleshores, s'obrí la porta.

eva méndez doroxo

quinta-feira, junho 17

PER

naufraga de min,
naufraga de nós,
nautraga de ti.

maniobro contra a mala mar,
sen velas,
con vento,
sen ollos cos que poder ver alén
da neboa que me atesoura
e me impregna.

corto cabos,
escalo o mastil da maior,
pretendo que alguén escoite
as misivas,
os auxilios.
luz verde a babor,
ollos inhertes a estribor,
un agarimo na chuvia,
uns dedos prendidos na rede do mar.

naufraga de min,
naufraga de ti,
naufraga de nós.

eva méndez doroxo

quinta-feira, junho 10

be my sun

arrasada quedou a miña memoria
tras o noso encontro felino.
formaches partículas moratorias
na miña dermis anfibia.
caín, desconxelada, no chan do teu corpo,
para seguir derretíndome alén de nós.

eva méndez doroxo

terça-feira, junho 8

baixo a pel

atópote baixo a miña pel,
diluido,
fluctuante,
po.
inxírote, baixo a súa pel,
doce, perdido, líquido.
amósaste eterno, imperturbalbe,
áchome baixo a túa pel.

eva méndez doroxo

quinta-feira, junho 3

éxtase

reptamos pola suavidade dos corpos.
alleos á auga que nos percorre,
lambémonos na necesidade translacional do outro nun.
o torniquete de linguas incrementa a tensión dos movementos,
caemos, exhaustos, con nova pel,
espidos de nós,
cheos de mel.

eva méndez doroxo

cuberta de sol

o píxel dunha bágoa debúxasme con cada inhalación de min.
vóltome fume para penetrarte angorde,
aniñar en teu padal mollado,
fundirme nos teixidos e ser bombeada por todo ti.

eva méndez doroxo

quarta-feira, junho 2

alerxia primaveral

nótasme espída,
embriaga de formas, sabores, caricias.
salgada polas bágoas que me vertes
dende a túa incomprensión de nós.
alónxaste esquivo a outras peles,
desertos nos que a sede te achega á morte,
para voltar aos meus excesos.
aliméntaste da miña fonte inacabable de vida,
mergullas a fame nos meus peitos desexantes de ti
para fuxir cada segundo a frondosos infernos,
insalvable amor desconcertado.

eva méndez doroxo

segunda-feira, maio 31

cosmopolis

a función desaparece no soño das linguas.
descansan as incongruencias
baixo pestanas de cristal,
fondo...

remexo o esquelete na horizontal liña do pentagrama,
sonoro experimento de espertar,
extraerme da partitura onde ti agardas,
afondo...

eva méndez doroxo

terça-feira, maio 11

etiquetas

corporea especie que se resiste ao teu olfato.
textura efímera que penetra teu tacto.
sabor explícito en túa boca.
muller inherte atravesada por teus ollos.
surfista intrépida por todo ti.

eva méndez doroxo

quarta-feira, abril 7

versionando a ...

para que ti me escoites,
miñas verbas desaparecen,
para que podas inspiralas, nun alento infinito.
ecoitoas lonxe, miñas verbas,
fuxen de min,
para que ti poidas mergullarte na miña dor,
encherme toda.
escoitas outras voces,
outras bocas lamben túa lingua,
abandoasme nas lembranzas do idioma.
elas ecapan no vento, acostumadas a miña angustia,
tras de ti, deixandome horfa.
adiviñas outras linguas na miña voz ausente.
para que ti me escoites,
miñas verbas, as veces, desaparecen,
para que podas inspiralas, nun alento infinito.

eva méndez doroxo

quarta-feira, março 31

concubinas

na loita atópote espida,
muller sen nome,
salvaxe aínda.
mórdesme os beizos,
chuchas meu sangue,
penso que comerás o meu corpo,
pero eme imposible moverme.
fascinada teisme,
poseerte quero.
ser un enxame de peles,
un único ser que sobrevive
á derradeira batalla.

eva méndez doroxo

quarta-feira, março 24

x-taposició

tard allunyo la pols dels meus llavis.
al mig del mar,
les llàgrimes es tornen sal que crema,
pedres en els tormells que m'enfonsen
a l'univers de la no respiració pulmonar.
el gris emana dels meus porus,
fent-me sirena, nua, de comprensió humana.
exerceixo el meu poder en la nit,
on l'ombra de mi mateixa em fa eterna.

eva méndez doroxo


sábado, março 20

salitre primaveral

oculta entre teus berros,
asisto ao éxtase de perdernos.
inevitables,
con gusto de vinagre e cravo
nosos sudores mistúranse.
as linguas predadoras enróscanse ao unisono.
atrapada en teus beizos
axítome impúdica
ante os espectadores.

eva méndez doroxo

terça-feira, março 16

auga en movemento

troco os anacos de corpo por verbas.
sen órganos,
adversa,
respiro inconstacia e sabiduria.
ela,
a quen non dorme,
axítase na miña nova pel: palabra.
tampouco eu descendo ao mundo,
sigo na superficie,
aprendo a amosarme.
sen máscaras de teixido dérmico,
con espida transparencia,
muda.
aprendede a lerme,
quitade os lentes do aprendido,
e disfrutade, a penas, da materia que se rinde ante vós.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats