Mostrar mensagens com a etiqueta peixe á plancha. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta peixe á plancha. Mostrar todas as mensagens

domingo, agosto 20

catarse xxx

a insistencia rítmica da túa voz penetra no meu susconciente,
apoderase de min o medo,
a fame toda intoxica o meu senso,
deborarte penso.

repican os dedos no piao do meu incosciente,
e seinmo dormida, pero as falanxes sonme golpeadas
a modo de teclas,
es ti que xogas a facerme ser.

a presión fai estoupar os texidos,
agarrome forte a un pensamento,
vivir.
do outro lado estás ti,
o ser que me agarda do outro lado,
sen medo,
na morte,
...vou...

eva méndez doroxo

terça-feira, novembro 8

tormentas

cortanse os fíos coa tiseira desafiada da incertidume,
aínda así, cosigo deixar de ser boneca de madeira
e boto a andar,
xa sen rumbo,
pois ninguén dirixe os meus pes.

máis ti,
agardas ver o movemento lento do meu corpo.
segues coas maus pegadas as madeiras con fíos,
as lembranzas de min.

distraída, mollada e fría
ves as pegadas do que fomos
os seres inhertes nos que nos voltamos
co percorrer do tempo.

agora es ti a que serras as falanxes para fuxir de ti.

eva méndez doroxo

quinta-feira, setembro 17

imposición de nós

descompoño as pezas deste meu ser atrofiado,
dedos inútiles para agarimar palabras,
ollos queimados na impotencia do diario,
boca sen lingua na que expresar disentimento.

do outro lado: os que berran, observan enquisidores e aniquilan sentimentos.

o porque deste sen sentido, noutrora impensable,
cando abastecendo a miña curiosidade felina
tireinme á areo do circo dixital
para sen sabelo ser o entretemento daqueles que con impoluta discreción diseccionan corpos.

así te agardo,
imprevisible e inerte
neste cosmos pixelado
no que reaprender a coser os dedos para pronunciar a verba amor,
descompoñer os ollos para mirar cara adentro,
e apañar a lingua desexada, arrabatendoa nesta boca inconsciente de ti.

eva méndez doroxo

terça-feira, março 17

hidrófuga 4

mágoa das tres capas que me imposibilitan chegar a tocarte.
mergúllome nelas,
acaricieinas infinitas veces,
lambín cada recuncho,
metín os dedos, a boca, o corpo enteiro...

ti segues tras delas.
inmóbil, tal vez nerviosa pola miña insistencia.

só me queda rachar a materia fina entre nós,
arrincar os noos,
compensar as tensións e sen remordementos esnaquizar
cada milímetro de tecido separador.

observarte espida,
aínda inmóbil,
axitada no máis íntimo
por saberme intrépida.

completas o meu cosmos co teu ollar encriptado.

agóchaste tranquila,
recolles os anacos das capas do meu redor e empezas a tecelas de novo,
sorrinte levantas novamente a distancia:

                     aínda non chegou o tempo de estar xuntas.

eva méndez doroxo

segunda-feira, abril 9

condominio.

naufrago, ancoras nas escamas desta pel.
sinto como a dor me atravesa.
ximo,
pretendo ser sixilosa e que nos invada o silencio,
pero ximo, sego xemindo.
atopas o sangue nos aparellos do teu naufraxio,
descóbresme esnaquizada contra os teus beizos,
 presa  nos ósos dunha vida que me era allea.

eva méndez doroxo.

terça-feira, novembro 8

intrumentos de vento: a fotoviola.

non existo nas comusiras da túa boca,
nin nas longas noites nas co frío me xea a alma.
non comprendo o porque deste abatimento,
nin o xeito que teis de ignorarme.
pero comprendo cas lembranzas dos meus ollos
son fotogramas dunha historia imprecisa,
na que fomos persoaxes secundarios,
-papeles pintados na parede de nós mesmos-,
unha pantomima do irreal que foi coñecerte.
afortunadamente, gardo, en superoito, algúns deses instantes,
nos que a túa lingua me percorría sen medo,
e os teus dentes trabábanme o inconsciente
para sentirnos alleos a metales fosfóricos,
sen ilusións nin formas no peito.
son a secuencia da nosa existencia que cosiches aos petos
da miña memoria.

eva méndez doroxo.

quinta-feira, agosto 4

sete anos.

sete anos levo presa dos teus beizos de zucre.
impregnado te achas nas miñas papilas,
nos meus teixidos.
esgazada me atopo ao ollarte no fondo
desta andaina sen tregua,
na que tortuas a miña alma
para gozar do meu corpo.

sete anos levo presa dos teus ollos de pedra.
érgome espida e débil,
atravesando as fragas de corpos
que habitan cada recuncho da nosa vida,
nesta cadea de angustia
na que mergullo a necesidade de ti.

sete anos deixo,
sete anos esquezo,
sete anos es, son, fomos.

eva méndez doroxo

quarta-feira, junho 22

resurrección

deixein as ás na porta
para non queimalas nos infernos das túas verbas.

achegueinme espida
para que me xulgases
e novamente me condeas a unha morte lenta.

esta vez non penso escapar,
quero cos corvos esgacen a miña carne,
cos risos aniquilen os meus sentidos,
e verte feliz pola miña desintegración.

en rematar a túa tortura,
se queda algún anaco de min,
pídolle ao lume co queime
e que coa cinza se tingan as miñas ás,
que pacientes e virxes agardan na porta
do inferno dalgún agarimo.

eva méndez doroxo

quarta-feira, junho 15

as casas do lume

remecendo, co garabullo da indiferencia,
observas os nosos corpos misturarse
baixo o calor do interregonte.

faiste invisible a nosa batalla.
somos as lobas famentas que se deboran mutuamente,
os ingredientes perversos do teu pensamento uniforme,
unhas sombras no papel pintado das túas paredes.

transfórmome nunha furia descontrolada,
aliméntome da miña rival nunha loita frenética por desaparecer.

agardas, co garabullo na mau,
para voltar a meterme na pota,
coas mulleres todas,
cos pensamentos pobres,
coas efímeras palabras.

eva méndez doroxo

sexta-feira, maio 27

traviata.

constantemente dolorida,
arrástrome polas pedras de peles alleas.
intentando atopar a miña identidade,
regalo a vida entre telas e ilusións perdidas.

do outro lado,
demasiado lonxe,
agardas.

sen xulgarme,
sen pretender que te vexa,
en silencio.
observas a miña destrucción e agardas.

as veces unha verba en forma de bagoa consigue que te mire,
que vexa como me obsevas,
pero cega de deseperanza idolatro outra nova dor e non alcanzo a verte.

fuches amigo, confidente, amante desexado,
pero agora, cando o inferno me cosume,
es, tan só, unha nube que contemplo contemplarme ata quedar sen alento.

eva méndez doroxo

segunda-feira, maio 2

porqué lle chaman amizade cando queren dicir sexo?

os beizos reprimen os xemidos mentres as bocas se devoran desesperadas,
coa impaciencia de quen se teme descuberto,
non polos espectadores atónitos,
se non polos ollos abertos de quen, devorando, devora.

o cerebro reflexiona, entende,
analiza cada palabra, incerta, que os beizos expresan para xustificar, sen senso, a inquietude dos corpos sobre o suor de realidade absurda, disfrazada de nostalxía dun agarimo pasado.

aínda cando se dicen que os ollos nunca minten,
sábense, os dous, hipócritas,
infelices sacos latentes de pudorosas excusas que ata o dagora nin entenden,
pero unen de novo as bocas e en silenciosa retahíla sosteñen,
unha amizade pura que non comprenden.

eva méndez doroxo

segunda-feira, janeiro 24

quincalla

nas caricias silenciosas que debuxo nos teus xestos,
intentas explicarme cada palabra túa
nun nó de miradas incomprensibles.

accédote polos beizos mollados,
cando os depositas na miña pel desconfiada.

imaxínote cando os ollos non poden verte
e o ollar pérdese nun diálogo infinito,
baixo a brétema dos interrogantes
que algún día ceibarás ao lume.

non me coñeces e escápasme,
acumulas quilómetros de verbas
para apartarme do teu alento,
das túas caricias,
do teu pensamento.
e eu,
ancorada nas lembranzas da túa pel,
dos nosos soños,
agardo saber se algún día
arrincaranme as túas maus deste cautiverio.

eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 1

sobre a cinza

sen folgos vaporízanse os coleópteros
tras o silencio do lume.
cinguidas as verbas nos élitros
rectifícanse infinitamente
ata mudar no éter.

quedan as trazas da quitina
no cortex dos espectadores
que goran por fundirse nos palpos
desta metamorfose animal.

eva méndez doroxo

sexta-feira, outubro 1

what ever

adoito a soñarte,
incompleto, no meu imaxinario,
es a esperanza do non acontecido.

compóñote de anacos doutros seres,
ollares que anhelo,
agarimos esquecidos,
palabras de fondo significado.

deixasme sen folgos na noite,
cando en durmindo te busco,
cando en soñando debuxote,
cando en te ter non vexo.

eva méndez doroxo

domingo, junho 20

suicidio

o suicidio é, por definición, o único acto consciente que se nos permite.
é o compromiso coas nosas conviccións primixéneas,
a inversa resposta ao nacemento, (acto totalmente aleatorio).
acharse na liña entre a cordura e a tolería
diagnostícase hoxe por inducción freudiana
máis a dificultade social para aceptar o suicidio como alternativa
ao sufrimento, propio ou alleo,
non deixa de ser unha acción cobarde do noso tempo.
pensar nos que quedan atrás de tan magna acción é imputado ao egoísmo,
máis eu preguntome,
non é o ser humano egoísta por definición?
ao fin e ao cabo nós somos os que denominamos ao egoísmo como tal,
polo tanto exíste tal concepto realmente?
non debería ser un dereito fundamental o poder escoller si se desexa continuar nunha vida que non solicitamos exproceso?

eva méndez doroxo

quarta-feira, junho 9

morta

eclosionas na praia da miña incertidume,
enchéndo os teixidos de oxíxeno.
perforas os penedos de bagoas critalizadas.
dilues as marcas cos escualos
probocaron á miña fraxilidade.
fúndeste na evanescencia do éter
para aplicarme teus beizos sobre a ferida
chuchándome cada gota de veleno,
para liberarme de min mesma.

eva méndez doroxo

sexta-feira, maio 14

fred

apóderase de min o oco que habita onde antes estabas ti.
imaxina a ferida dos dentes no xeo,
a pegada dos beizos no humidos,
a dor que percorre os teixidos brandos, aínda, da túa ausencia.

eva méndez doroxo

sexta-feira, maio 7

trans_mudación

fúndome no formato alegórico,
tornome sal.
aprendo a fuxir,
composta de luz, na oscuridade, resurxo.
somos os puntos suspensivos do texto inacabado,
aprendices de mago subditos de meiga,
fillos da dúbida.

eva méndez doroxo

quarta-feira, março 31

concubinas

na loita atópote espida,
muller sen nome,
salvaxe aínda.
mórdesme os beizos,
chuchas meu sangue,
penso que comerás o meu corpo,
pero eme imposible moverme.
fascinada teisme,
poseerte quero.
ser un enxame de peles,
un único ser que sobrevive
á derradeira batalla.

eva méndez doroxo

quarta-feira, março 24

purgatorio

viaxo oculta entre túas palabras
ao mundo dos impronunciados.
alén do medo,
transpórtasme vixilante, doce,
con especial interese na pronuncia dos eses.
cando oscila túa lingua entre os dentes,
síntome descuberta,
oculta tras as sílabas, penso, amosarasme ao mundo.
pero túa boca péchase cando meus ollos asoman dentro dela.
que agarden os outros,
susurras cara adentro, como para tranquilizarme.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats