sexta-feira, fevereiro 29

comparativa

son boneca esnaquizada
contra o teu corpo mole,
fiañento e traspirado.

apretada contra ti,
sen impulso ao xirarme cara a dentro,
pérdome neste sentir
que non comprendo.

sóñote nas noites frías
desexando terte entre os hexagramas dos meus dedos.
dixitalizarte nun contido finito de incompresión perversa.

non entendo o porqué de tantas veces,
desta danza macabra na que rachaches todo o meu ser.

eva méndez doroxo

quinta-feira, fevereiro 28

fervenza de sangue co enche todo.
dende o outro lado do espello véxome,
inerte, branca, suspendida

derretida

perdida en min mesma
tecleo agónica unha interminable mensaxe.
desesperación.
resposta calórica ao exceso de sangue
neste corpo que apenas me contén.

internada nun manicomio desexado por un arquitecto fánatico
das sin saídas.
son trasportada por pesadelos,
átomos cruciais de sacrificio inexorable,
nos que perderme un pouco máis.

eva méndez doroxo

quarta-feira, fevereiro 27

tese 4_0_1

meto a mau ata o fondo,
nun xesto nervioso e mecánico de búsqueda.


sincronizada miña respiración co movemento espasmódico
no que aturarte baixo as capas de tela paréceme imposible.

tres voltas ao redor sen te ollar.
crávanseme as miradas alleas na caluga.
inquisidoras mostran seu desacordo.

son dada ao escándalo,
non funciono con sistemáticos patróns fractais.
desdebúxome a cada paso,
ocultando o resto de min no interior dun peto.



eva méndez doroxo

sexta-feira, fevereiro 22

na nosa conversa imaxinaria.

as medidas axustadas.

trescentas pulsacións antes de respirar,
alentar unha letra, formando ,coa forza da contención, un son.

xúrasme liñas de enfrontamento frustradas.
anégasme coa intersección dos cartóns do absurdo,
afogándome baixo a presión do inexistente, esixo ser oída.

pel de serpe escamada polo paso do tempo.
ollos resgados co coitelo da desesperación.
maus amputadas por non comprender.

ser incompleto,
mutilada polo silencio.

dende a miña cova observo a fervenza de argumentos
que lanzas sobre as cotras aínda brandas do meu corpo.

relucente príncipe das teneboas,
devorado por min: a incomunicada.



eva méndez doroxo

sexta-feira, fevereiro 15

propaganda electoral

na túa pel tatuados os eslogans que te venden,
abaratando os costos para poder alcanzar unha candidatura,
xeito ambiguo no que relacionarte.

eu coas tres papeletas na mau
deixome seducir por teu ritual copulativo.

esquezo que es un producto, algo preparado para gañar.
entro na intimidade dun pequeno cuarto e voto unha e mil veces
teus cabelos brilantes, túas maus expertas, teus beizos suaves recitando palabras estudiadas.

a campaña foi un éxito.
a miña entrega deuche o poder.
agora teño que recompoñer os anacos de min,
verte na túa verdadeira dimensión,
apañar os boletos que tirara e aprender a exercer o meu dereito a voto.



eva méndez doroxo

quarta-feira, fevereiro 13

reconstrucción

baixo os meu pes de asfalto quente, eu.
más abaixo aínda, eu.
entre o punto debuxado nun anaco de papel,
e a existencia toda, eu.
un espacio infranqueable no que atopar as respostas
é traballo dunha lexión de guerreiras: nenas soldado.

bonecas aplastadas baixo o alquitran ardente da miña grandilocuencia.

amalgama uniforme de viscosidade etérea,
imaxinación arriscada.
planean os cabaliños do demo sobre elas,
bailando en violáceas tonalidades de azul,
cor dos soños rotos.

máis fondo aínda, logo de voltar do centro mesmo da terra, eu.



eva méndez doroxo

segunda-feira, fevereiro 11

b 3

amorro os beizos na tubería,
o líquido báteme na cara,
cegame a gorxa facendome tremer.

eva méndez doroxo

comprensión metabólica

antes de rachar e expulsar o pracer do meu corpo,
encóllome nunha continua acrobacia abstracta.

respiro os alentos doutras vidas,
nunha orxía indómita de sensacións.

aspiro visións en branco e negro,
maus percorréndome os ósos espidos,
linguas que lamben meus desexos.

adicta as lembranzas,
sesego como cobra entre os corpos inertes.
bebo a luxuria contida do xeo a punto de explotar.



eva méndez doroxo

14 horas antes de morrer

sei que as infinitas combinacións de letras son finitas.
repítome nunha exasperante repetición,
lembrarme que existo,
que teño limites.

as miñas dimensións son exactas.
tres xis por cada vocal invertida formando o principio do fin.

eu que escribo coa limitación dun vocabulario inventado.
idioma mestura de sabores, cores, experiencias.
filla non nada dunha muller erma
que se resiste a non parir follas de contidos,

aliñados coa virxindade da primeira prensión
do ferro sobre o corpo aínda quente da infancia.

nesa leira de fetos incompletos,
letras inconexas non significan.
exerzo meu derradeiro exercicio de escritura,
deslizo a mau sobre a barriga inchada (baleira),
sentindo as contraccións dun parto que concluirá co berro vermello da frustración.


eva méndez doroxo

bellus

cascudas fluorescentes perseguen os meus ideais.
calquei a liña descontinua,
entre os microespazos dun trazo.
seguida na aterradora noite dos silencios.

lugares comúns en que atoparnos todas:
fadas, mulleres, bestas, monstros...
pantasmas do que quixemos ser,
espellos con caras de anxos que non recoñezo.

un pescozo estirado,
botox implantado nos beizos,
promesas de eternidade,
que desinflan meu cerebro secándoo.

neste lado das liñas dous ollos de ra,
raíña viscosa da sabiduria que un día aprendín.



eva méndez doroxo

terça-feira, fevereiro 5

k 3 x 0



emerxo dos adoquins
coa forza extrema de quen se sabe morrer.

douche ese derradeiro alento de vida
que non é máis que un continuo de operacións matemáticas.

pura aritmética de palabras,
combinadas dende a aleatoriedade dunha mente cansa.

a irreverencia do terrorista apocalíptico que nos constrúe,
na mestura continua do po que chamas cemento e o líquido que nomeas auga.



eva méndez doroxo

sexta-feira, fevereiro 1

nacida do caos

espida,
envolta no manto impermutable do líquido amniótico:
sangue.

ao redor; o bestiario imaxinable.
as imaxes dunha existencia que conmuta lembranzas.
textura que é mestura aleatoria de olores,
sabores e sons.

os sentidos adormecidos aínda polo ruxir das risas.

observada por ollos estupefactos, incrédulos ante unha miragem.
espello deles mesmos aterrados ante unha vida que non chora.
sorriso diabólico entre escombros de esperanza.

quietas as mans,
tres segundos para empezar a carnicería.
buscan o recipiente de ¿onde saíches?

cornos torcidos cara a dentro na túa cabeza,
muller igual perigo,
sabiduria igual vida igual perigo.
os dedos sen control percorren túas cavidades en busca dun interruptor.

es o incontrolable, o que non tiña que ter nacido,
o inexplicable.
aterras os teus proxenitores: ¿milagre ou maldición?



eva méndez doroxo

cor_nos

na frialdade das sabas rapsódicas,
desprazo meus pes aterecidos.

busco a mestura de canela e xenxibre
da túa boca tras do tempo.

aperto as pernas no espacio infinito que nos separa,
para sentir a túa quentura na miña pel.

percorre o sal de tres mares miñas meixelas,
sinto a opresión da soidade nas costelas emplumadas.

único xeito de esquecerte é lembrarte sempre.

eva méndez doroxo

quinta-feira, janeiro 31

febleza musical


levo cinco horas escoitando a abominación lírica,
o sistemático asasinato de melodías.

penduro o teléfone e concéntrome,
imaxino a composición.
o que non podo oír.

miro ao redor,
balbúceo o único que podo expresar:

sinxelo son musical chamado linguaxe.

abro as fiestras, subo a cornisa e berro.
aleatorias palabras que forman un sen sentido
captador da atención dos viandantes.

cementados meus pes nese cacho de granito,
medro, triplico a miña dimensión sentíndome mesías.

todos eles ferven alienados por un discurso froito da desesperación.

baixo do púlpito, fecho as ventás, apago a radio que me trastornaba.
observo dende as sombras a conmoción do público.
o
reality show non culminou,
aclámanlle ao Cesar o sangue do gladiador.


eva méndez doroxo

quarta-feira, janeiro 30

polémica

regulas miña tensión,
baixo as coixas molladas.

exaltada, despeiteada,
cos ollos vermellos da rabía;
comunico dende os castelos da razón,
que non oe lamentos,
non percibe dolos,
non sinte os latexos.

embaixo, no fondo dun mar de ruído,
alzas túa voz femia.
abres camiño entre a densidade dos ermuos.
xuntas os beizos e emites nun código
que eu,
dende a superficie alisada dun pedestal marmóreo,
podo escoitar.

cravo miña mirada de Diva
na negrume uniforme que me adora,
e vexote, amada, brilar dende o inconformismo.

eva méndez doroxo

segunda-feira, janeiro 28

morfar

fíxate en min.
apresurada en medrar. deixei de ser muller,
mudei a pel no longo transcurrir das horas.

comprendín que non existía.

son a sal que se lambe despois das bágoas.

crábanme unha fila de ollos,
pero son cobra que peregrina,
sigue medrando na dolorosa forma do berro contido.

verbas croando perto de mi,
nívels de sur-realismo máxico
do que me visto.

eva méndez doroxo

terça-feira, janeiro 22

desorientada


retállome infinitas veces ata que de min só quedan os átomos.
as partículas microscópicas que me definen,
separadas eternamente e condenadas a ser percibidas como un todo.

o corpo sen forma que lambiches interminablemente,
non chegando a imaxinar nunca que a túa saliva
mollaba o espacio superficial da miña existencia.

esquecín os dedos entre as moléculas que me compoñen.
atopeime erguida nunha néboa laranxa
coa miña mau atravesándome.
contemplei absorta como os laranxas vaos que me envolvían
ían adheríndose as paredes subcutáneas da miña expresión.

transmutei no ser que agora acontece.




eva méndez doroxo

mmh

chántasme o fío férreo dun silencio que non comprendo.


destezo cada segundo ata chegar ao invisible,
reconstrúo, nun soño finito, os símbolos que debuxaches no espello.

conmemoro o ritual incestuoso no que nos unimos.

finxir agora esta soidade,
mesturardos co restos de transpiracións,
criaturas altivas,
rebosantes de pudor,
é un acto ilóxico de transmutación.

conformo túas branduras entre as miñas maus.
inspírote coa forza do famélico e a intuición do experto.
atorméntanme teus beizos pechados,
rastreándome con ollar felino,
divertida antes de devorarme.

desdebuixote nun delirio incomprensible,
para recuperarte nun berro,
entre a nudez dos outros.


eva méndez doroxo

segunda-feira, janeiro 21

retórica


bendita ignorancia.

ao redor de min ríos de xente,
desembocan no mar das estridencias.

eu sorríolles, agarimo (a algúns),
compártome con eles,
máis non sei quen son.

hoxe abrín un libro e descubrinte,
agochado tras as verbas



eva doroxo 2007

domingo, janeiro 20

interrógame


son partículas en suspensión.
daquelas que teñen nomes imposibles,
que alguén un día catalogou para despois esquecer.

etérea e impredecible,
mesmo as horas que preceden ao furacán.

reméxome na efervescencia dun corpo en descomposición.
soterrado para non ser visto,
pero que aínda existe:
sinto, percibo, quero transmitir.

son o alimento das diminutas bestas que me envolven,
ollándose satisfeitas na disfruta do manxar.
composición intanxible do que algún día fun.



eva méndez doroxo

quinta-feira, janeiro 17

I be ready

choven palabras.
mollan.
calan os ósos e desfanos,
suprimindo a sustancia fosfática da ialma.


precipitacións de es, us, xis, e a innomeable z,
unidas en combinacións imposibles para perforarnos.

compre dicir que son froito de nós.
que estivemos na seca e tamén rachamos;
como ramas fráxiles de cristal.

agora por fin decidimos comunicarnos,
e atopamos na linguaxe un aliado,
emitimos tod@s a vez.

só é ruído,
o mesmo que suprime a vida no mar,
que nos molla ata diluírnos.



eva méndez doroxo

terça-feira, janeiro 15

presentación do libro

boas, en breve espero poder pendurar unha crónica de como foi a presentación do libro en Porto.

sen sentido

incomunico co verbo que precede ao desastre.
ollada aberta nun furado fluorescente para cas portas se fechen.
tiña razón o cerebro intestinal en pórse de manifesto.

correron estraños polo meu redor,
vómitos irregulares de comprensión delirante.

maxestuosidade dos ollares difuminados no chan que arrebate calquer mirada.
reflexo continuo do que somos,
seres con lingua e sentido confuso.
desorientadas criaturas para as que rir, agónicas,
é único medio de escapar da cadea.

só dando a volta a nós mesmos e bebendo a grolos o excremento que expulsamos
ficarei capaz de dirixirme a ti e comunicar-in-comunicar.
medio imaxinable de reconstrucción alterna.



eva méndez doroxo

segunda-feira, janeiro 14

comestible

bébeda de min
achóme no lugar onde os ollos pensan,
agardan o momento para afondar
chegar ao centro ingrávido
no que os dedos falan unha linguaxe indefinida.


eva méndez doroxo

sexta-feira, janeiro 11

entrevista en vieiros

pois aí vos queda ;) bicos e grazas a vieiros pola entrevista

quinta-feira, janeiro 10

lisboa é un continente

mollada.
decadencia de días nos que a raia das medias percorría sen dilación as pernas.
conmensurada boneca de materia irrompible.

gardo o cheiro de pementa verde nalgún recuncho da mente,
inevitablemente acudo a ese paraxe e sumerxo a lingua,
abrindo os ollos polo picor precedente de pracer,
ingrávida caída na que as medias voltan tersa a pel que cubre as branduras.


eva méndez doroxo

quarta-feira, janeiro 9

parto

convértome en luz.
rexistro a boca para atopar o interruptor,
desconexión da realidade húmida que me preme.

corro polo teito descalza,
non quero deixar pegadas da miña inexistencia.
suprimo calquer sensación apática e recupero o alento inmortal dos vampiros.

o pelo enche a taza de caldo,
bebes meus cabelos, tallaríns en suspensión.
afondas na cavidade externa que me contén,
obsérvote.

devorada por min mesma,
sento na profundidade dun neal absurdo,
mestura de carmín e zucre;
xiculate co que untarche a conciencia.

desaparezo coa luminosidade dunha lembranza,
pensa en min.



eva méndez doroxo

segunda-feira, janeiro 7

cartas dende o mar

Conrad non entendía porqué Sue Helen esquivaba continuamente o seu ollar.

No bar, cos amigos, sempre pensaba que tiña unha relación máis ou menos como o resto. Unha moza simpática e xeitosa, bastante independente pero namorada, a que lle gustaba acurrucarse pola noite contra o seu corpo.
Os outros non falaban gran cousa das súas relacións, polo tanto el tampouco. Aprendera que mellor seguir a corrente e facer o que fan os demáis.

Pero dende había dous meses Sue Helen estaba extraña, xa non lle falaba dos problemas no choio, polas noites escurríase cara unha veira da cama só quentando os pes no corpo de Conrad. El non era psicólogo pero entendía que algo estaba a suceder, algo que non pintaba demasiado ben.

Apurando o grolo de birra xuntou valor para chamala dende o bar. Era venres, os venres ela saía coas amigas, era un día de desconexión, tiñan o acordo de non chamarse a non ser que algo grave pasase.

- Conrad?
- Boas... xa sei que non ...
- Pasou algo?
- Teño que falarche, non aguanto máis esta situación.
- Pero... qué che pasa, tas bébedo? falamos na casa.

Esa noite non apareceu pola casa. Era tarde e sentou mirar o mar zoar contra as rochas. Cando se quixo dar conta era día. Perdera a noción do tempo. Os seus ollos fixos no mar abstraerano da realidade, repasando os derradeiros 5 anos con ela, cómo se coñeceran, cómo el se aproximara a ela e a conquistara, as primeiras citas, a mudanza a un piso máis grande para poder vivir xuntos, as noites tranquilas xuntos, as risas...todo quedaba tan lonxe, tan lonxe...

sexta-feira, janeiro 4

xa chega a presentación do libro

12 de xaneiro de 2008
Filo-Café: Suicídio/Altericício

Café Princesa
Rua Silva Tapada, 134
Porto



Apresentação do livro As Sete Idades de Eva Méndez Díaz doRoxo com a presença da autora

Image Hosting by Picoodle.com

Apresentação feita por Chacal

máis información na incomunidade

quarta-feira, dezembro 26

canción de nadal 01/08/2007

sinto como me baixa a presión.
miñas pernas latexan
á inversa de dous corazons:

o teu que non está,
o meu que morreu.


aperto as queixadas coa forza de reter bágoas.
vomito: sangue sen osíxeno,
alimentos dixerídos;
recordos, agarimos.

eva méndez doroxo

16/10/2006 IV

o número maldito.

triangulo imperfecto de lados pares
no que perderse vóltase imposible.

navego os dedos ensangrentados
polas liñas que unen cada vértice
deste cadrado que ficou
nunha folla en blanco.

eva méndez doroxo

16/10/2006 III

Un pé:

duas centas trinta catro mil pezas dun LEGO que endexamais soupeches montar.

A Cabeza:

Infinito campo de cultivo no que teus ermos pensamentos nada fixeron medrar.

A Cona:

improbable dimensión descoñecida á que non sabemos achegarnos.


eva méndez doroxo

16/10/2006 II

séntome en ti,
na mellor das alabanzas.

fermosura, cadeas, ventás invisibeis tras das que olleas
meu corpo espido.
deborado polos cocos.

ríes absurdo, anxelical, miudo...
sen medo nun ollar limpo,
que non aprendeu a amar.

eva méndez doroxo

16/10/2006 I

Medran silvas silencionsas
na infinita liña que nos separa.
Acúsasme de arrabuñarte,
es ti, absurdo e rencoroso coitelo
que se fende na escuridade
dos dias,
atravesando bolboretas de auga.

eva méndez doroxo

domingo, dezembro 23

IB_EX 35

conmutamos en rugosidade:
dilución de agarimos destructivos;
equipamento de teus dedos.
non abonda a confusión da noite
para deixar de verte.
soños de humidade híbrida contraen miñas pernas
reténdote dentro de min.

non podo demóstrache os erros,
nin conseguir que miña pel percorra túa sangue.

Bébeda de min, esta vez aseguro:
son individuo.
innomeable ser que pode definirse baixo o análise exhaustivo.
unha lente vítrea que se crava en min para explorarme.
a miña existencia toda é aporía,
o sen sentido que ten resultado na nada que me define.
unha intrinsicidade da resposta absurda
no día a día.

compenetración de pensamentos,
fan hoxe que os interruptores nos volten a conmutar
chegando así ao punto de inicio,
aquel no que sen ideas nos aproximou,
construímos a utopía e adubemos incansables.

chega a hora de que miñas pernas cedan,
que meus ollos baleiros enchan as cunchas craneoreas
na catedral do pensamento,
para así atoparme sen circuítos,
conectada a min mesma,
monstruo que aprendín a recoñecer no espello.

flexiono miña rixidez equívoca
e ascendo do irreal ao plan no que comparto
recoñecemento con todos os monstruos deformes.


eva méndez doroxo

sábado, dezembro 22

de Deusas

infancia de corpos mesturados por mar,
terra, ar.

empezamos a andar xornadas imposibles de concluír,
distancias creadas para Deusas,
nas ca unidade de desprazamento mortal é infinito.

xogos de morte;
xiramos noutro idioma,
pretendendo esquecer a distancia andada,
rexurdimos coa forza dunha esponxa carbonizada,
intento absurdo de burlar o destin.

pes cheos de ampolas.
paraxes interminablemente andados por miles antes ca nós.
ao final do camiño unha esperanza,
un futuro que semella distinto;

encasillada nun medio de transporte máis veloz
pretendo alcanzar as Deusas,
que camiñan tranquilas nunha paralelidade que non vexo.

quarta-feira, dezembro 19

noutros lares




a micro pechado grazas pola reseña.

sen titulo

no século onde non hai escuridade,
mundo en que a fame son imaxes nun televisor,
os seres que habitan na riqueza medran longos,
sen máis preocupacions que inxerir tranquimacin.

os vagons rebosan corpos brandos,
embutidos en mil abrigos,
mosaico de vidas baleiras.

unha nena, luz de inxenuidade, aínda non demasiado branda,
aínda non demasiado intoxicada pola polución das desideas,
corre tras unha folla de papel.
rápida recupera o anaco de vida que representan as letras,
sendo pisada por homes e mulleres que non ollean.

eva méndez doroxo

segunda-feira, dezembro 17

incompatibilidade

alentos que invaden miñas falanxes.
costelas do agotamento no que pousar un ollo,
interrumpindo a inocencia con fusilantes risas.

demoníacos agasallos de linguas que non coñecemos,
xiramos nas norias dunha escura brétema:
inverno incoherente no que mesturar pétalos vermellos e desniveis cromáticos.

no fondo das teclas acho as faragullas da vida que percorreron outros,
vestixios de pelexas interminávels,
guerras de sal e carmín,
no que as ras só poden observar tranquilas dende a cornixa do seu croar.



eva méndez doroxo

quinta-feira, dezembro 13

baleiro 0.0

sen sangue nas autoestradas internas,
sen tránsito nun corazón que dixou seu latir,
coas maus baleiras.

entro no trance do autocoñecemento,
mergúllome nunha nova ideoloxía:
o culto a min.

histeria compartida por unha sociedade
que vive na opresión asfixiante do ego.
na existencia finita do ridículo.

as luces adornan o camiño paradóxico que nos alonxa da realidade.
do outro lado, espida, áchome.
brancura inmácula que representa, simplemente, mil cancións melancólicas.

escúrrome polas liñas microscópicas que recobren a pel,
penetrando nas conciencias,
expresando o inconformismo dende o silencio que me viu nacer.


eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 5

presentación do libro As Sete Idades

filo-café: suicídio/altericídio

café Princesa: 12 de janeiro de 2008, 21h. Porto

inscrições (gratuitas) Abertas:

áreas: Pensamento, Pequenas-Comunicações, Dança. Poesia, Musica, Performance, Sociologia, Antropologia, Psiquiatria, Filosofia, Teatro, Pintura, Fotografia, Curta-Metragem, Escultura,

Filo-Café: Suicídio/Altericício
Café Princesa
Rua Silva Tapada, 134
Porto



Apresentação do livro As Sete Idades de Eva Méndez Díaz doRoxo com a presença da autora

Image Hosting by Picoodle.com

Apresentação feita por Chacal




Roxeamos as congas das articulações pouco articuladas. É nesse não-andamento que se sustém a paródia existente. Quantum satis la verve de expelição? A_cordamos em 2008 com esgares, não acabamos de nascer. O sombreio toma conta das palavras, elas próprias sombras do dizível. Que fazer nas ponderosas dificuldades de adormecer e acordar? Os rumos, bússolas de erramento, somegam a fauna entre sua savana, a memória esquecida. Alguém pode/consegue suicidar-se? Ou tratar-se-á de um altericídio que, em consciência de tribu corporal, pode sintomatizar um genocídio? Anda, meu existente, deita abaixo as memórias que te trituram, não respondas, um sendeiro invisível te espera, sui-nada, nada é sui. Lamentamos. Com muita Lama.


Inscrições Abertas:
Para a sua inscrição indique nome, lugar de proveniência e área de intervenção, através de incomunidade@gmail.com
Mais info: (00351.965817337)


Inscritos:
André Domingues (porto, texto e pensamento); João Vilas Maia (porto, texto/pensamento), Amilcar Mendes (valbom, performance), Nelson Silva (porto, fotografia), Elizabete Monteiro (boticas, pintura), Hugo Nascimento Veloso (porto, texto), Luis Serguilha (famalicão, poesia), Alexandra Bernardo (carcavelos, interpretação), Alexandre Teixeira Mendes (porto, comunicação), Vicente Pereira (porto, pensamento), António Pedro Ribeiro (braga, poesia),

segunda-feira, dezembro 3

as nubes veñen de islandia

no inmenso branco achámonos,
espidos coas lans e coiros dunha longa viaxe.

inmóbiles agardamos o segundo no que a creación acontece.
pequenos procesos que denominamos química,
condensación de masas intanxibles,
prosaicas combustións ilegais.

no medio do comprensible
un pensamento que non flúe.
seguimos na inmensidade
que nos perde
elevándonos nun evidente xesto contra grávido.

eva méndez doroxo

quinta-feira, novembro 29

nin ser significa contido,
nin esperar é unha finalidade.

abrir a porta, nun xesto mecánico,
no que nada acontece e de súpeto pasan cousas.
desprazas o peso,
engades movimento,
un xesto de intención.
respiras angorde o que xa é pasado,
expiras os momentos nun lugar onde o tempo se detén.
continuas teu camiño.
simplemente cerras a porta,
marchas, esqueces, oxixenaste con outros recordos.

tras a porta un refuxio.
un segredo compartido.
unha fugaz cámara crioxénica onde acontecer.

tabilhona

sexta-feira, novembro 23

titella

misturada co ferro azul da parede;
puntas redondeadas, dedos que se craban.

corrugadas extremidades nun dia fláccido,
no que remexer as fouces arando cortiños.
un pé.
elemento dócil, brando, sumamente inofensivo.
cuberto con medias de cores, tapiz de brancos e negros,
mofa do cárcere que me acolle.
non dubido empregalo para escalar.
subir aos dedos emerxentes da parede,
agarrarme ao ferro,
rachar o branco e subir.
ascendendo ao infinito.
onde as palabras designifican,
deconstruense os medos
e arranxase o agotamento.
aquelo que non me deixa pensar,
que me move en parábola continua,
na reiteración que exaustiza o pensamento
para escravizarme a dedos que son de plástico,
formato do hoxe, aquel infinito que alcancei
e que sigue sendo prisión do coñecemento ao que chegar e non vexo.

eva méndez doroxo

quinta-feira, novembro 22

sexo sen nova iorque

desprázome nas noites molladas que tingues de verde
ao presionarme baixo teus dedos de papel.

aniquilantes furados na parede,
testemuña silenciosa da miña continua execución.
afogada en bágoas que se derraman cara a dentro,
para non darche o pracer de verme perecer baixo teu.

liñas infinitas de xemidos na inmensidade dun universo
que me é alleo. sinto tremer a cama nos teus pes.

cando pechas a porta, os agarimos transfórmante nunha besta,
que amo, que temo, que me fai perderme na lámpada que colga do teito.
o único lugar no que non me podes atopar.

eva méndez doroxo

domingo, novembro 18

céntimetros

a pel lembra todo o co corazón esquece.
terte a tres centímetros de min,
namorada del,
desexosa de ti.

non sei cómo me facías tremer entre os teus brazos de paixón.
non entendo que sentían miñas coixas ao ser apretadas polas túas maus,
pero como unha corda que cruxe ao ser tensada,
cruxeme a espiña ao perderme no teu olor,
compartindo, entre mil persoas, o espacio estánco no que hoxe os animais súan.

cómo ser dúas mulleres neste corpo.
unha que é só pel,
outra co é todo.

eva méndez doroxo

dubido

adicado a tod@s aqueles que comprenden máis alá das palabras, que son capaces de sentir as bágoas alleas como propias.

esta poesía nace duns dedos que non son meus pero teño o privilexio de que katagorri29
co escribiu me permita penduralo aquí. grazas amor ;)

Dubido de ti.


Dis que sempre dis o que pensas.

Non é certo.

Cecais é o que pensas para enganarte, pero non o fas.

Dis o que pensas que a xente quere oir

Iso non é dicir o que pensas.

Dis o que pensas que lle vai dar pracer á xente.

Iso non é dicir o que pensas.

Preocúpaste polo que pensa a xente de ti.

Iso non é dicir o que pensas.

Dicir o que pensas é abrirse,
a veces ser torpe,
non ter medo a que se vexan as túas feridas ou tamén as túas valentías.

Iso é dicir o que pensas.

Dicir o que pensas é respeitar aos demais

porque en ningún momento os estás enganando.

Iso é dicir o que pensas.

Dicir o que pensas é atreverte a decirlle a verdade a un amigo,
sabendo co vas ferir.

Iso é dicir o que pensas.


Dicir o que pensas é falar con franqueza, sin deixar de dicir algo polo que poida pensar de ti a xente.

Iso é dicir o que pensas.

Dicir o que pensas é ser valente, bon, respectuoso e con amigos de verdade (os do corazón, os que sempre están aí), porque sempre lles dís o que pensas.

Isto é o que penso.

Cando decidas dicir o que pensas, non estou segura de que poidas aínda atoparme

Isto é o que penso.


katagorri29

segunda-feira, novembro 12

detrás

cantas veces teño que deixar a larinxe nunha negación que desespera.
na mitade dunha estrada na que só circulan pantasmas,
luces que non emiten, só perforan.

unha intersección na que atoparme.
un home.
nada que expresar, pero son esa masa que aplasta o chan.

na outra beira da miña mau,
sangue,
unha muller,
algo que parece que recoñezo, pero non estou seguro,
sigo vendo pantasmas que percorren miñas estradas.

tabilhona

quinta-feira, novembro 8

angola

ao meu bem querido IbnLuanda

déchesme unha fiestra pola que mirar un mundo alleo,
dende a rixidez dos grises
que apagaban meus contornos na maraña de sondas.

vin a través dos teus ollos.
estremecinme con cada caricia que deches a unha pel
que non era a miña.
somerxida na túa lingua quente, desexosa de loitar,
fundinme na inmensidade das ventás que aínda seguen abertas,
polas que non vexo.

fáltasme.

quixera ser da cor que ti me ensinaches a mirar,
asasinar con navallas para que me puideses fuxir.
apagar outra vez a luz para aprender a ollar,
sentir os alentos no subsol arrasado.
caras coñecidas que se tornan borrosas.

ergue as persianas,
aprendeme o que ti xa sabes,
deslízame polas sabas que un día foron de outras,
para perdoar que te fuches,
esquecendo a fiestra que mantiña vivo o desexo.



eva méndez doroxo

quarta-feira, novembro 7

comedor de letras

chapoteo zucre nunha boca amarga.
aquela que vomitou as letras que alimentan
o intanxible.

non me concentro.
non consigo entrar no trance que me impide engulir,
regurxitar, expulsar e submerxir o coñecemente.

eva méndez doroxo

postsecret

boletos onde escribirme os teus segredos.
enviamos.
non poñas teu nome,
quero elaborarte,
con miudos suspendidos.

as veces rirme de lerte sobresaltada.
en momentos tremer co medo que dá
saber o inconfesable.

así, en longas correspondencias das que non
acusar recibo, fraccionar interrogantes,
amecer anacos e fabricar un retrato
de ti; o que dorme cada noite ao meu lado.

eva méndez doroxo

domingo, novembro 4

mutación

experimento. son ollos de balea.
no fondo do silencio,
coa quentura das primeiras noites.

un cadillac bege, tambores.
sinto que medras dentro de min.
forza inconmensurable que me absorbe.

movémonos no líquido amiotico collidos da mau.
suspendida na inmensidade universal.
cetáceo que busca a manda das letras non escritas.

copórea e etérea imaxe de min mesma.


eva méndez doroxo

sexta-feira, novembro 2

concordia

pintame as cores da túa vida.
se es invisible aos ollos de todas,
se non podes seguir escribindo dende un sofá dourada.

tocas un piano, como se for unha vida que che fuxe.
en caida libre,
cometa de desplazamento incontrolable.
pilotarte quero.

deixar de sentir que non formo parte
de algo.
ser novamente unha cor no arco da vella,
e ao final atoparme,
moedas.

eva méndez doroxo

novas de setembro

deixome caer,
na desesperación do absurdo.

arrinco as unllas coas tenazas
do tempo.

arrebato incongruencias,
constantes erros que se repiten
mentres pico as letras no teclado.

quixen escapar, coñecer outras idades.
ser quen non fun,
desexada por ti, tantas veces inventada.

rematar na illa onde ninguén vive,
tapada coas unllas doutra hora.
feita unha bola sobre a area quente
dun continente que quixoche
facer esquer.

eva méndez doroxo

quarta-feira, outubro 31

cabalos do 78

estranos ao amanecer.
baixo a pel de dragons e paixaros fucsia,
estremecense cuxas e peitos,
co tacto aínda quente da noite impregnada neles.

corpos homoxeneos que agochan narices nos beizos,
inxenuos suicidas que desgarran os segundos
antes de embutirse na monotonia da distancia,
na pátina do esquecemento,
sen suor, sen sangue remexendo as linguas.
sen nada que botar a boca.

baixo outro sol, outros estranos tremeran esta noite
pero nunca voltaremos a ser nós,
asesinos das manciñas dun reloxo,
fai tantos minutos xa.

eva méndez doroxo

terça-feira, outubro 30

circunferencias 1.2

caeronme todos os dentes.
miña boca pechouse un pouco,
non todo,
aínda podo respirar.
pero o que caeu cos dentes foron as verbas,
que sei que algun dia tiven,
e que agora non atopo en min.

cómo comunicar?

eva méndez doroxo

segunda-feira, outubro 29

pan da memoria

as veces na primeira capa da vida,
roemos pan duro,
fodendo as encías,
endurecendo os dentes,
aprendendo a xerar saliva para tragar facilmente.

esquecemos a aprendizaxe,
non temos memoria,
carecemos de referentes.

o dano que nos fixo sangue no primeiro alento,
quedou tapado polas madelenas blandas que viñeron nos seguintes anos.

sen saber cómo,
as veces,
boto os dedos a boca e lamboos para tornar o frío deles.
é nese xesto mecanico, incosciente, no que aparece na miña mente
un neno, con dentes de leite e algo na mau,
só sei que é algo duro, algo que me mancaba.

eva méndez doroxo

resurreccions

resurxes dende as cordas dun contrabaixo.

coa vibración asimetrica de notas raspadas nuns dedos endurecidos,
que non poden agarimar.

insensibeis teus ollos,
permanecen baixo terra,
roidos polos cocos.

pero meus beizos tremen por te descubrir na oscuridade,
baixo unha capa de mofo,
un sorrir enigmático,
ademán do que non quere ser atopado.

eva méndez doroxo

sexta-feira, outubro 26

politica das afinidades

guitarras desafinadas e cordas vocais desgarradas.

o berro afogado en aceite fervendo,
ideas abortadas no primeiro ciclo da xestación,
risas.

líderes silenciosos con cuncas valeiras e ollos de vidro.
unha lingua que percorre os beizos viciosa.

maus cortadas que non sangran porque foron queimadas na amputación.
pes atados con centímetros de cadea dobre,
pasas rexidos por son de tambores.
ollos que brilan lambelos.

baixo a lama, tras o derradeiro escravo,
camiños interminábeis de esperanzas,
o seu tamaño: entre un 35 e un 46.
e tras deles, aínda máis fondo, máis invisible un 38 que se ergue
coa boca cosida e a dignidade marmórea dunha estatua
que sobreviviu ao paso do tempo,
as inclemencias dos ollos que brilan, as linguas lambelas e as risas humillantes.
xesto de pánico.


eva méndez doroxo

puntos suspensivos

sen preambulos, nin avisos que soen a ameaza,
sen apretar os músculos da barriga para non deixar escapar o medo.
para que non se note que este perfume que levo só pretende
protexerme dos teus ollos, das maus que un dia amei, do sentir que aínda doe.

un chisqueiro para encender un piti,
creando un escudo de fume e así poder aforgar a lingua mollada,
desexante e temerosa de ti.

no peto a nosa foto rachada, símboloinequívoco de que non me amas.

tabilhona

quinta-feira, outubro 25

insomnio

hoxe erguinme, sonámbula, bañada en bágoas.
novamente.
pensei co sentir xa non era dor,
desdibuxados os dias nos que bebiamos barbitúricos para esquecer.

sen medo cando tou desperta,
mais cando morfeo me visita seu elixir deixa a flote a verdade.

tabilhona

quarta-feira, outubro 24

blues

.... i lose my blues ...

tamboreasme na illada dunha noite que espiga.

non atopo sentido as frases,
inconexión linguaxe-cerebro.

perdín o máis prezado do soño,
o tesouro que gardaba baixo mil almofadas.
xa non lembro como era.


as trompetas da morte nacen aos meus pes,
saen por todos os recunchos, asfixiándome;
coa altiva parsimonia de quen ten unha misión no mundo.

buscareinte baixo o taladro constante do meu tímpano e morderein
miñas inquedanzas con queixadas de loba.

eva méndez doroxo

segunda-feira, outubro 22

amanitas

entro en trance,
son figura borrosa nos teus ollos,
e ti desdibuixaste nos meus.
como caricias non dadas.

imaxino nosas conversas
e teño resposta as incongruencias,
pero sentada, ao teu caron, o xeo que hai entre nós
acouga meus pensamentos.

fermosa ignorancia que me libra dos dias.
tecleo coa rapidez do corre-camiños
pero son igual co collete, sempre empregando
os defectuosos aparellos Acme
para descomunicar contigo.

eva méndez doroxo

sexta-feira, outubro 19

significando

gostaba máis do mundo cando os absolutos tiñan sentido,
cando as palabras significaban por ser pronunciadas,
e un sempre valía toda unha vida máis alá do tempo.

as etiquetas existían sen dúbidas,
sen necesidade de escapar delas porque non eran mal ou ben,
simplemente eran.

as operacións realizábanse coa lentitude das estacións,
e a rapidez do clima,
pero non tíñamos que morrer en vida mil veces
para entender-nos.

boto de menos o tempo en que as bágoas tiñan un valor,
e os oídos escoitaban atentos as propiedades da ialma.
no que ser filólogo non era máis que ser poeta,
e o coñecemento era só ser sabio.

os dias nos que sentados diantre do espello,
peiteabamos o pelo para ser parte da comunidade.

agora,
no século en que todo é posible,
buscamos a diferencia, fuximos da etiqueta, mastigamos palabras nas que non cremos,
e soñamos coa eternidade da que non queremos formar parte.
anhelo aquel nunca que contiña o todo.



eva méndez doroxo

descuberta

"Uniforme:
Tão só eu,
vestido às ordens
para ter a forma única
de mim mesmo."
M.Pico

a seguridade de non ser ollada,
na tranquilidade da túa celda,
poucos centímetros para ser libre.

un hotel no que pasar a noite,
camarote dun barco que te trae lonxe de ti.

negas o reflexo dos teus rasgos na pantalla.
pechas algo máis a porta,
para non poder saír.

nin fiestras, nin chaves,
pero o cheiro da individualidade é illa no teu sentir.
paseas calma deslizando os dedos pola túa prezada identidade.


eva méndez doroxo

quinta-feira, outubro 18

reserva

cómo me extorisionas.
retorces miñas ideas en continua felación do incosciente.
intento resistirme coa política dos pensamentos,
a forza do coñecemento indómito que flue polo cortex.

sen medo,
con dúbidas,
coas meixelas encesas de escalofriante rabia.

medro dende o mínimo recuncho da opresión,
e resisto na medida do alento
que endexamáis se apaga.

eva méndez doroxo

indómito tempo

o tempo detense xusto no microsegundo que nos separa.
teu cheiro invade meu cerebro,
os ollares pérdense nas liñas do chan,
podo sentir o palpitar da túa vida.

mollo os beizos, fraccionados polo meu propio later.
inspírote reténdote dentro durante toda esa parálise,
sen exhalarte.
controlo meus fluídos para non tremer na proximidade,
para que non leas a miña paixón.

sométome á mau que me brindan para escapar de ti,
no momento exacto no que o reloxo de area volta a deixar caer os grans.


eva méndez doroxo

quarta-feira, outubro 17

ave fenix

como outra muller.
érgome cada maña dentre as sabas molladas.
pero cada noite tremo no mesmo corpo.
cansada de ollar os adeuses dende o espello.

como outra muller.
vístome nas medias de cores,
encho o bolso de soños,
e conto os minutos
para ver coa mesma mirada,
magullada, excéntrica e desconfiada.

como outra muller,
prefiro estar sempre no mesmo lugar.


eva méndez doroxo

como se transmite o son?

na profundidade dunha cadeira.
erguida en xesto de rebeldía,
non deixando fluír a rabia.

embalsamada pola luz fluorescente
que reverdece a dermes.

trepanada polos dedos invisibles
que calcan o ferro na testa.

a única conexión co mundo dos vivos,
son eses cen elementos xeométricos
aos que aferrarse:
dor de derradeiro alento.

sentir nos beizos secos unha feble brisa
que disipa a fluorescencia da pel,
e relaxa a presión das ferramentas
instaladas sobre o cranio.

eva méndez doroxo

segunda-feira, outubro 15

interpretame

interpreto as verbas da lingua das serpes.
sesegas eternas polas que me perdo.
no sol, adormezo sen me queimar,
pero cada dedo teu marca a miña pel
máis profundamente que calquer ferro.

eva méndez doroxo

quarta-feira, outubro 10

telefonia

sen fíos comunicamos.
todo o noso mundo é rexido
por impulsos magnéticos;
impercepibels, suaves, intensos.
crávansenos na pel reaccionarios,
nun xesto indómito de paciencia e sumisión.

ritual aprendido nas grandes urbes;
nas que sen timbres chamando á oración,
sentímonos alienados en nós mesmos.

agora, no silencio punxido, das paredes caleadas,
aprendo a non percibir contrasinal.
somerxo meus pensamentos
en complexos mecanismos etéreos
para non oír badaladas metálicas na miña lingua.

reposo a axitación e a rabia
entre numerosas páxinas desteñidas
para concentrarme
na perdida absoluta do coñecemento
e así atopar as Respostas.

eva méndez doroxo

terça-feira, outubro 9

a poesia do cotián

cólleme! aprétame!
sacseja'm com a una baldufa.
dame voltas e ponte lonxe.
faime suplicar na tolémia do redor.
al ben mig arrosega'm,
amb armónics,
dolços gestos del foc.
alumeame toda,
con gotas microscópicas de auga salgada.

encheme de todo antes de valeirarme
coa virulencia do furacan.
camí que insta al repós.
con ollos de mioca
deborame o fédago
só un segundo antes de que me perda de todo.

tabilhona

segunda-feira, outubro 8

comedor de bicos

anfiteatro oculto onde se preparan
as comidas dos deuses.

ciumentos tesouros, de neves virxes,
nos que non hai mistura errada
nin combinación imposible.

fauces dentadas,
que se voltan algodón de zucre.
derreten tensions,
sorprenden paladares.

nalgún recuncho de nós
deboraremos os microbios
que moven nosas bocas mecánicas
nun festín impropio
sen rematar o éxtase.


eva méndez doroxo

en activo

corrixeme se me equivoco.
non mordas as linguas alleas e dime a verdade.

minte só o necesario para que te entenda.
pero non complazas o meu ego só por medo.

vas morrer?
algún dia, eso espero.
mentras xunta os beizos,
formula frases,
deixa oir o inconformismo que nace
do punto impúdico
que outras chamaron inmoral
e que é o principio e fin de todo canto coñecemos.

linguaxe segreda na que a verdade existe,
tan só,
se a pronunciamos.

eva méndez doroxo

terça-feira, outubro 2

en proceso de elaboración

nove meses dentro de nós,
aprendedes a coñecer-nos,
comedes do que somos,
faceis-nos vomitar.

entre sangue dor e alegría
saídes do noso corpo
e criamos-vos, desatinadamente.

para concluir-vos
nas vidas nosas vidas,
en apariencia iguais,
en essencia diferentes.

eva méndez doroxo

segunda-feira, outubro 1

conspiraciois

xigantescas maus de cobre saen do mar.
sento nelas, contemplo bater as ondas,
pousar os paixaros, zoar o vento.

eu inmóbil no medio da inmensidade
teño o desexo oculto de cas maus se pechen
e me leven con elas ao fondo do azúl.
sentirme caer pouco a pouco
soltando lastre,
burbullas de oxixeno entre os beizos sorrintes.

cos ollos abertos nun outro mundo que non coñezo
aprender a escoitar do silencio
a berrar na luz
e despertar na frialdade.

sentada, agardo ser descuberta.

eva méndez doroxo

versos para sorrir

Levo un tempo recollendo as críticas contructivas sobre a natureza dos versos que aquí publico.
Non lembro as verbas,
o significado: desolación, tristeza, amargura e todos aqueles adxetivos que describen ao ser human só nunha ínfima parte pero que son un todo e sen os cales imaxinarnos a felicidade seria imposible, pois non a recoñeceríamos.

Reflexions axeitadas.

Gustame ler as palabras e reinventalas, lexitimizalas, enchelas do significado propio. Nós somos os donos do verbo non o verbo o noso dono.

As veces, máis das que gostariamos, somos escravos da nosa dialectica. Pero propoño unha visión máis ampla, diriamos que se poderia definir como meta-lectura.

Imaxinemos un poema como un laberinto infinito con tantas combinacions para chegar a saída que ao final ningún camín é o incorrecto porque somos nós os que lle damos forma.

Sen chegar a ter a verdade absoluta cada verso é un universo, qué significa? o que ti queiras ver, ler, sentir e experimentar nel.

Eu só poño o medio, ti pois o resto.

eva méndez doroxo

comunicando

para as despedidas:

- un papel, unha liña, un telefone, un alento, unha caricia.

para os encontros:

- duas medias de rede, un zapato, os dentes limpos, gomina.

para enredarnos:

- cunchas na praia, unha árbore por cama, lentes de sol.

para decirche adeus e que non volvas:

- xemidos contidos, bagoas non derramadas, verbas diseñadas.

tabilhona

domingo, setembro 30

libertadora

contados os dedos da mau
por cada unha das veces que se perderon no meu interior.

contadas as linguas e dentes
pola cantidade de momentos que se atoparon en min.

contadas as liñas discontinuas nas que me abandono
cada dia no espello.

triturasme co sorriso afable do home que non sabe amar
e aínda así ama.

expandesme na mistura de aceite e noces
que sen untarme me untas.

sen máis rigor ca propia imaxinación
arrincasme da monotonia,
remexes ansioso nun cesto
antes de facerme túa
alén de todos.

lonxe dos pensamentos inacertados
que só saben ler as letras
e non descodifican as mensaxes.

conmemoro neste dia
os inventos que creamos para
sen fuxir ser fuxitivos,
sen sorrir ser felices,
e sen adorar ser deuses.

eva méndez doroxo

a dor

doe, seguedo doendo.
non sabemos se algún dia vai deixar de doer.
entre tanto vivimos,
alleos á dor, que para alguns non existe, que non coñecen.

atopamonos mecidos por fios de dores diferentes,
sagrados, intocables, mensaxes do quimico e o fisico que hai en nós.

lemos de corrido para non aprender as palabras,
intentamos eliminar as pesquisas doutros dias,
as letras, algunhas caricias.

sentirnos fortes e felices non significa que ela nos abandonase.
un dia, deitados ao sol, podemos notar a salitre das nosas bágoas
que recordan a súa existencia.

lémbranos que é unha compañeira na viaxe.
contrae alguns músculos e expande outros,
pero cando deixamos que se apodere de nós,
afondamos e o noso estómago berra deseperado;
os ollos fainse pequenos querendo desaparecer
e nós deixamos que nos meza como se tivesemos no berce.

tabilhona

sexta-feira, setembro 28

reencontros

testemuñas do pasado que se filtran neste dia.
misturas de bagoas, sal e zucre.
noites de paixón ao caron dunha papeleira.

mordernos rabiosos,
escravos sen dentes na noite,
e lobos doces na coba.

ardo en desexos de berrar,
pero non vas entender nunca esta metalinguaxe.

meus beizos non trasmitir,
meus dedos non percorrer,
meu corazon non later.

tabilhona

quinta-feira, setembro 27

hades

pinto ollos nas maus,
nos pes,
catro dedos xusto por riba do meu sexo.

vermellos, nos bordes, os meus,
desenfocan a vida que observo ciumenta
co resto do meu ser.

sobre o escano mézome:
as pernas no peito,
os pes mirando,
brazos ao redor dos xeonllos abertos,
e as maus por sobre as meixelas.

son un corpo de ollos,
significo?

as imaxes pasan angorde, retidas polas miradas
cas perseguen. inquedas?

fagome unha bola,
tapo todas as fiestras pintadas en e sobre min.

o vermello misturase co negro,
imprimindo na pel todo o que vin.

quarta-feira, setembro 26

cabalinhos do demo

como libelulas en noite santa,
xuntamos nosos corpos ao calor da lúa.
grilos e sapos contan nosos sudores
aos peons inquedos que axitan o paso baixo farolas.

desafortunados eles!

linguas de mel que se funden unha vez tras outra,
aleteamos nerviosos, desestabilizando o vo ritual,
mollando os ollos no rio.

o solpor anuncia incrédulo brumas, alentos,
risas cortadas, un xemido de ausencia,
no ca miña cama anela a frialdade dos teus dedos,
transportadores mollados de consecuencias alleas.

eva méndez doroxo

circunferencias 1.11

Conmemoro cada segundo no que os ollos aínda non se pechan.
Lambo o invento do human,
aquel que nos fai escravos
e nos libera acariciando cada linha concéntrica.


Falto á realidade e imaxino a velocidade dunha viaxe infinita,
sen retorno.
Porque voltar significaria involución,
perdida de coñecemento,
invasión de vidas pasadas.

Sería só un esquelete de edade incerta nun emboltorio
pasado de moda.

Intentaria pasearme, torpe, por entres deses seres
que algún dia imaxinara coñecer;
rompendo así a maxia dunha segreda fantasia
que me serve de antidoto hoxe,
en que manter os ollos abertos
fai que se me escape a vida toda.

eva méndez doroxo

contrasinal

Escreboche encriptado para que sepas como esquecerme,
borrar cada palabra que che susurrei entre as mantas da nosa vida.
Unha comunidade ínfima de longos silencios que desexo desaparezan da túa mente.
Arritmias contemporaneas de corpos antagónicos.

Esquece o meu nome,
cada sílaba cos meus dedos escribiron na túa pel,
e perdoa o sufrimento previo á liberación.

Morde os beizos para non me lembrar,
bebe litros destos versos para desvivirme,
esperta cada noite sen saber quen son, quen fun, quen serei.


tabilhona

terça-feira, setembro 18

circunferencias

redefinome en cada liña.
estríome; deixando marca: Non esquecer.
conmemoro cada segundo nun berro, en silencio.

lembro que son corpo: interacción con outros individuos,
perdida dunha identidade que escasamente conservaba.

lonxe de min, entre mil oceanos de ossos,
atopaste ti, anhelada memoria, espello das ánimas
que compoñen cada escama desta pel,
inquieta, inconformista, rota, inédita...

sinfonia dunha vida que remata nese preciso intre en que
para o resto de alentos empeza un novo dia.

tabilhona.

terça-feira, setembro 11

Mermach site

Cruzó la calle. Una especie de alarma interna le hizo acelerar el paso. La ciudad estaba en calma, pero él sentía agitación a su alrededor.


No dejes que la paranoia se apodere de ti. Se decía incesantemente.

Verde, ámbar, rojo: el muñequito en verde, por fin poder cruzar. Otra esquina más y estaría a salvo. A lo lejos un coche negro se acercaba, perezoso. El reflejo del sol en la luna delantera le quitó la visión un breve instante, lo suficiente para que las voces se acercasen a él. Mantuvo los ojos cerrados y empezó a correr. Oía las voces cada vez más próximas, susurros que humedecían sus orejas con un aliento cálido. Transpiraba, pero seguía apretando los párpados con fuerza.

No los mires y estarás a salvo.

En su nerviosa huida había calculado la llegada al portal y la situación exacta del mismo. Hurgó en su bolsillo hasta dar con las llaves, una visión casi mística de la liberación. Apuró la entrada en la cerradura, el encaje, el sonido de los engranajes que desplazaban los pesos para dejarle entrar en su santuario, allí donde nada malo le podía suceder.

Mantenía los ojos cerrados mientras las voces se oían esta vez nerviosas, histéricas, gritos. Un sol de colores penetraba en sus córneas a través de la piel. Algo nuevo sucedía. Sintió los dedos de las voces que apretaban su carne, notó un pinchazo, una descarga eléctrica.

- Lo perdemos!! Un, dos, tres…

Y más lejos, como un murmullo que llegaba débil:

- Apareció de repente en medio de la carretera, no tuve tiempo a nada, Dios!!

tres

Chamame Carmen,
nome de canción,
nome dos que non se oen no deserto,
dos que cada silaba soa a zucre, nos teus beizos.

Dame unha personalidade forte, unha dozura abrupta,
unha letra sen melodia que retumbe a moscatel - en copa de sesenta-,
faime corchea nos teu dedos áxiles.

Pero endexamáis me mires aos ollos,
nunca seques as miñas bágoas co teu pano,
non descubras a fraxilidade de cada un dos meus suspiros.

Sigueme chamando Carmen,
e faime túa a cada alento.

adicada a todas as que viven nas sombras, entre pantasmas nun presente incerto.

eva méndez doroxo

segunda-feira, setembro 10

tenrura galega, autentica da casa.

pubis infantil do que naces cada noite.
a solutide da túa mau
perdese polos camiños
endexamáis explorados dunha vida.

o sangue que non mana:
unha exalación de liberdade
cando os todos inspiran o teu ar.

na escola, só tres pupitres.
engadome as risas xordas dun mar de hipócritas.
remexome na oscuridade
agardando non estar soa,
medrando no horror do meu reflexo nunha máscara de porcelana.

eva méndez doroxo

quinta-feira, setembro 6

nimio senso que nos invade:
música de trompetas desafinando,
violins que relinchan e o bombo clix!

dibuixo no ar con pinceis imaxinarios,
un cheiro naif,
rabia positiva, mocos verdes na rúa.

merda seca enche todo o teu ser:
petos cheos de cartos,
cuncas sen ollos,
e na mau un corazon que non latexa.
autómata da grande urbe.

eva méndez doroxo

quarta-feira, setembro 5

mediadora

sons gregos: fonte da que bebemos ata afogar.

chámome demente. irreflexiva muller que atolondrada vive en gaiolas de fios.

todas as cores me tecen.
todos os sols queiman esta pel na que non medra nada.
escindo así toda liberdade
precipitome a nunha a-intelixincia precoz.

pérdida do razonamento lóxico ao que temos que aferrar-nos para que non nos prendan.

agardo no silencio da mistúra de barbitúricos,
que unha mau amiga agarime un milimetro de min,
e así poder voltar a sentir.

domingo, agosto 26

sen título 0.1

allea de min, tributo por riba das miñas posibilidades.
pérdome nunha salitre co enche todo.
busco respostas.

sen dedos para agarimar,
atopo bocas que alimentan a hipocrisía do ser.
existo atemporal e etérea en cada anaco de dia.
mordo rabiosa os ollos que me aman,
cuspo as excentricidades que me compoñen
e lambo, sumisa, as linguas que me mancan.

áchome vestida con roupas que non son miñas.
acomodada na viaxe dunha vida que non me pertence.
sen mirar aquelo que noutra hora fun,
¿mordisco ou mazá?


eva méndez doroxo

terça-feira, agosto 14

dor de cabeza

estamos aquí, nos furados e os recunchos das folhas,
sen sentido e sen senso, pero na hora do fin do mundo na que a auga zoa con tanta virulencia
que non chego a sentirte.
non podo máis que remexerme na lama, seguir movendome infinitamente,
na humedade que me cala os ossos diantre dunha velha fábrica de coches.

se sigo aquí dez segundos máis vou explotar!

por favor sácame deste espacio no que non me atopo a min mesma
no que ser non é ser,
no que trilho os dentes como maís no muínho.

sendo só farinha molhada na longa noite da vida.

quinta-feira, agosto 9

cascuda amada

comprame unha cascuda que fale inglés!
así poder ter quen entenda os meus pensamentos.

unha amiga que se desplace veloz polas miñas pernas.
que esquibe meus dedos asasinos
e que non queira beijhos.
NON!
que non os desexe, nin os reclame, que non os espere!

así ser libre de todo o físico que me atrapa e poder só
ser unha lingua que non falo, un son que non entendo.
as atenas movendose soas nun ar de vocablos.

chove chuva

alongando os dedos baixo as saias mollades dos homes.
atopome esquecida, lonxe das formas xeométricas que marcaron
os pasos que din.
e no medio de todo o caos: agradabel compañeiro, de viaxe, do que as veces fuxo.

segunda-feira, agosto 6

intacta identidade

si son, nacida tras unha eterna morte que se apodera de min día tras mar.
unha fiestra laranxa, entre as barras dunha cárcere azul.
¿un hospital?
Fogar: un círculo infinito que se dobra sobre el mesmo ata atraparme.

no medio da illa unha flor branca, fráxil.
si son.

é agora na interminable e esgotadora espera da reconstrucción
na que a fraxilidade se torna raias vermellas, brancas, amarelas, verdes...
tapiz infinito no que perderme.
sumerxireinme no mar tras día a morrer na resurrección das autorizacións.
Deixar de lado as neuras, metida nunha maleta, aparecer do outro lado do finito universo concéntrico.



eva méndez doRoxo

comparativa

visitote dende a comodidade dunha butaca,
coa inmobilidade de quen contempla pasivo unha liña abstracta
rumbo á galeria onde esperan os aplausos ensordecedores do éxito;
Ególatra: amante que nos debora dende a confortable casa dun órgano.

Bebo angorde, ata a derradeira gota de ti, esnaquizando a copa coas mesmas maus
que te acarician nas noites de calor.

Subo ao atril, esquecendote tras dos sorbos... altiva e inalcanzable no escaparate,
co resto de cadros.

eva méndez doRoxo

sexta-feira, agosto 3

cotizacións en Bolsa

explórome dende a ingrávida dimensión dun dedo.
repaso cada liña que difumina esta identidade excéntrica,
dotada de beleza pola ríxidez dos xestos; comisuras apretadas, ollos en tensión, respiración controlada,


rebento na soidade dunha sala chea de alentos alleos,
berro coa forza contida dunha vida inexistente,
xunto máis os beizos que se enchen de surcos querendo bicar
todas as paredes brancas que configuran individuos colectivizados,
edificios socias disque...

e agora agardando a madurez dalgunha forma verbal inventada
reinventarei o meu sexo, o cabelo desta cabeza e cada milímetro de pel
para poder saír neutral a ambiguedade dos puntos, sen comas, con pausas, sen horas...



eva méndez doRoxo

sen malícia

toco o meu sexo,
ole a xeado de café, para manterte desperto.

_eva méndez doRoxo

Free Counter and Web Stats