quarta-feira, janeiro 27

desmembrada

amanezo axeada.
non existes.
no outro lado da cama non hai nada,
tal vez o fondo imaxinario dunha sociedade en decadencia,
tal vez unha forma eterea de eternidade abtracta.

ergome co frio no corpo.
desprovista de identidade e prexuizo peiteo a lingua que me arricaron.
os xestos non consiguen calmar a dor ca amputacion deixa.
como comunicar?

eva mendez doroxo

segunda-feira, janeiro 25

cor-tatoo

cedo, o dia se torna paixon.
verdes pegadas baixo os corpos da incomprension.
a morriña de oscuridade invadenos.

somos fillos das tempas,
monolitos inalienables carentes de sentir.

formo parte do frio,
conxelo tuas extremidades dende o lonxe marmullo do vento.

eva mendez doroxo

sexta-feira, janeiro 22

infidelitat

em costa respirar,
el cor se m'encongeix a una velocitat de vertigen,
noto com m'ofego.
repaso els coneixements respiratoris,
intento omplir-me d'aire,
pero nomes aconsegueixo que el proces s'acceleri.
em presiono el pit amb destreça.
t'enyoro. encara no et conec, o potser et vaig oblidar fa temps,
pero sento que t'enyoro quan l'aire se m'obstueix a la gol·la.
soc jo, la dona perduda que no te prou oxigen en aquest mon de ciment,
la que no et pot veure perque els grisos o cubreixen tot.

eva mendez doroxo

xogo de luces

a transparencia das tuas formas reflexanse no meu ser.
son a caixa de resonancia que vibra ao son do teu movemento,
angorde, premesme contra tua curva xeada.
derreterte quero!
fundirme na luz da tua inocencia e sentirte ceibe aletexando en min.

eva mendez doroxo

quarta-feira, janeiro 20

putada de acentos!

conmemoro o momento antes da morte,
cando a miña mente impropia, se enche de branco.

nomearte e imposible,
pero formas parte do branco,
confundeste nel e petas con forza.

latente,
inquedo,
calido.
sobresalesme do peito arrincandome o alento.

eva mendez doroxo

segunda-feira, janeiro 18

experimentos gastronomicos

desexo cociñarte.
prender o forno,
quentar a tixola,
fundir a manteca e bater os ovos.

amasarte quero.
afondar meus dedos no teu corpo,
darche voltas incansable,
probar tua flexibilidade ata que descoles da miña pel sen esforzo.

darche a forma pretendo.
baixo meus ollos collerte,
mover tua masa informe e catar un anaco de ti antes de deixarte de novo,
no forno, arder, prender no lume que te fai sabroso.

eva mendez doroxo

flamenco 1.c

triste agonia a de te agardar.
mollada, baixo a chuvia da incerteza.
entre as froitas machucadas daqueles dias,
nos que ser tua significaba levitar.

mergullalleste noutros corpos,
sorbendo a sabiduria doutras bocas,
afondaches na precariedade doutros seres,
e ainda asi, voltas exausto, novamente a meus pes cansados.

invademe novamente,
refuxiate en min desesperado,
enchendo cada glandula deste corpo que non e mais co templo no que adorarte.

eva mendez doroxo

granotes de gel

amb els dits he apres a contar fins a mil.
amb la llengua he sapigut reconeixer que existeixes.
les pestanyes m'han fet saber que ets humit,
i les orelles conformen l'essencia de no entendret.
amb la resta del cos nomes t'espero.

eva mendez doroxo

trombosis

intimida'm amb les paraules improninciades.
els gestos marmoris m'aferren a la teva pell.
t'enyoro.
soc mig esser sense les teves caricies.
imprudent i magnifica, pero insignificant a l'hora.

m'arrossego entre les comes de la distancia,
rellegint la teva indiferencia per trovar-nos en ella.

no puc entendre quin moment es l'adequat per desapareixer,
tot hi aixo, replego les meves plomes mullades, i volo, mes enlla dels records,
per tornar a neixer en la teva pell desmemoriada.

eva mendez doroxo

cardamomo

fred.

te'm cales per tots els racons d'aquest cos que tant sols vol estimar-te.

no ets pas les caricies d'altres dies,
ni les rialles llunyanes que em fonien.

tan sols ets el que em glaça l'anima,
m'enfonssa l'inconcient i s'apropa amb calida sigilositat a la vora dels mes llavis.

eva mendez doroxo

degradacion da carne

atormentame teu latexo.
habitasme.
chuchasme a vida,
o sentido,
a comprension.

sinto como medras,
como te apoderas das miñas extremidades.

aterrame que me poseas,
pero son tua dende antes de saberte.

muxo a interdialectica monocroma das partes que me compoñen.
remexo os fluidos da ingravida sensacion de non terme.
mordo a lingua para non nomearte.

olleinme ao espello,
atopeinte invadindome coa grotesca forma do que quere ser descuberto.

eva mendez doroxo

artes escenicas

odio o xeito que teis de borrarme.
a facilidade coa que te mergullas noutros beizos.

os ollos cristalizan as imaxes do inconsciente,
ti entre elas, amosas sombrio, o xesto sutil co que me menosprecias.

son a musa,
a deusa das artes todas.
rexeitasme omnivoro,
desexas a outras,
criaturas mediocres, que habitan o fango.

mordo a memoria coa rabia da que non ten nome,
da que foi esquecida,
da que ninguen lembra.

eva mendez doroxo

comparacion de volumens

conmemoro as caricias segredas baixo a fiestra.
renumerar a liña invisible que nos achegou, agora alonxaste.

non comprendin ainda o erro.
a supresion de cor,
os cadaveres entre nos.

esquecin os "tils" na diatonica resonancia poetica da miña dor.
fuximos ao universo interior,
onde habitan as pantasmas,
as imaxes femininas que me atormentan.

ti do outro lado, inmobil e ausente.
endexamais moveras a arma para defenderme,
non empregas a verba se non me causas fenda nesta inestabilidade equilibrante.

eva mendez doroxo

flamenco

ollasme analitica dende detras das formas.
son unha boneca de trapo oculta entre teus dedos de dor.
non pretendo roubarche nada,
e ainda asi sintesme asasina do teu mundo.

teño vida nos ollos,
desexas arricarma,
extraer cada gota de memoria do meu ser,
reciclar miña felicidade e tornala pedras.

es composta de podredume,
de desfeito humano,
amargada esencia de muller.
caeche o pelo branco surcando o negro,
a voz, noutrora doce, tornouse rouca, desentonada.

odias cada forma que ten meu corpo,
meu pelo crecho,
o sorriso enxebre...
a distancia que nos separaba esfumouse entre teus dedos que me afogan burlescos, en teu peto, contra a tela.

superpoñome a min mesma e abanzo dudosa ao precipicio.
chuchasme a vida,
perdin unha loita silenciosa na que ninguen me viu caer.

eva mendez doroxo

domingo, janeiro 17

estratosfera

o universo que me invade expande toda necesidade de min.
estoupo en tantos anacos que perdo a conciencia do meu ser.
pequeno esquelete primo,
sen pel nin forma humada replégome contra a gravedade do punto infinito no que atoparte.

es home.
kilómetros de pel polos que introducir a salvia do meu non-ser.

evaméndez doroxo

sexta-feira, janeiro 15

portentage de cuota

"soy tu propio dolor, déjame amarte".
luis rosales


noutrora, cando nos batiamos inquedos baixo o branco, fun indómita e salvaxe,
irreverente, mostruosamente alegre, propia.

hoxe, no fondo do gris, os pedazos de min colgan ingrávidos,
coséronme o riso.

non nos atopo xogando coas peles e a palabra escrita.

as puntas dos dedos tornáronse vermellas arrincando cada anaco do teu ser.

ollo impasiva a destrucción da que son musa,
esbozo unha fíasca de pracer no océano con que contemplo a aniquilación sistemática do que,
noutrora, cando habitabamos baixo o branco, fóramos.

eva méndez doroxo

sexta-feira, janeiro 1

inexplicable

o compás,
o ritmo que engule outros pensamentos.
mostrome.
no sei por canto tempo os dedos seguiran escribindo a nosa historia.
gustaríame vivir,
saír da gabía e voar sen medo baixo o ardente alento dos mortos.
semello incongruente,
unha esquizofrénica do sen sentido,
pero se abres ben os ollos verás,
polo furado da porta,
cos dentes doutra muller me deboran.

eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 30

na barra

os sabores ábrense paso,
penetran os nódulos da lingua,
degradados pola amilasa mergúllanse en nós.

fúndense contra o padal,
expándese na cabidade bucal.

trituro os anacos que os conteñen,
exploro as formas dentro de min.

dilato as pupilas ao ser penetrada por eles.
pecho os ollos e materializo o baile ritual:

- éxplaianse as texturas salvaxes,
o irrecoñecible dá paso ao xiculate negro, amargo,
con indicios dunha vida pasada, inúndome nas froitas xugosas do xardín silvestre.

en éxtase agardo ser novamente invadida por eles.

eva méndez doroxo

tartaleta de nadal

bátote,
rebosan por entre meus dedos os ingredientes mornos.
ela, a boca que non comprende, debóranos.
doe a gorxa ao tragar o veleno que nos suministra.
indefensa e dócil cociño, unha vez máis, para nós.
apártolle a boca, achego a túa.
derreto teus ollos no lume,
moo a fariña dos ósos,
cociño os anacos que quedan de nós.

bátonos.

eva méndez doroxo

escoitando guy farley

et remeno,
rebosen per entre els meus dits els ingredients tebis.
ella, la boca que no ens compren, ens debora.
fa mal la gola al empassar el verí que ens suministre.
indefensa i dócil cuino, un cop més, per nosaltres.
li en retiro la boca, m'apropo la teva.
derreteixo els teus ulls al foc,
molc la farina dels ossos,
cuino els bocins que queden de nosaltres.

ens remeno.


escoltant guy farley

vampiros no deserto 1

deambulo polo deserto da incerteza.
aquel no que un dia afondei as maus pesquisando auga, atopándote a ti,
espido baixo a area, cuberto do salitre doutras vidas.

sedenta busquei túas humidades para me fundir nelas,
arrinqueinche o sal con meus dedos,
escarbeinte coas unllas rachonentas.

petreo agardaches miña necesidade de ti,
inmóbil deixácheste chuchar a vida toda.
abandoite baixo o sol,
na túa tumba violada,
para que prendeses e, así, esquecerme do sinxelo que foi tomarte.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats