quarta-feira, março 10

dor

doe,
como nunca antes.
os golpes,
as palabras,
a indiferencia,
non prenderon esta dor descoñecida.

novamente invisible,
véxote, persoaxe da película da que non formo parte.
tou do outro lado da dor,
do lado no que os cutielos resgan a pel,
as bágoas secan a vida,
o latexo impregna o chan.

doe,
como nunca antes,
como endexamais despois.

eva méndez doroxo

in memoria

sigo sen existir.
penduras teu pasado na parede do nós,
exhibelo no presente
borrandome novamente do teu carón.
non son,
non fun,
non serei, endexamais exposta nos anacos en branco da túa vida.

eva méndez doroxo

terça-feira, março 9

kamikaze

t'odio.
inevitablement,
no sóc res,
tant sols tot,
indefinidament res.

m'imagino inscrita en l'oblit dels teus llavis.
mossegada amb els ullals de llop que m'esborren.

torno a la realitat quan les teves mans m'escalfen la por.

renego dels matins que ens allunyen,
de les tardes en les que et perds,
de la nit que em torna invisible.

t'odio.
incontingudament,
des del desig de ser teva.

eva méndez doroxo

quinta-feira, março 4

faltes d'ortografia

a tú que em llegeixes des de l'inmensitat del blau,
et demano, tan sols, que em regalis els silencis.
oblidar cada mot escrit, recitat, parlat,
per poder trobar-me,
la veritable jo,
que t'espera sota aquesta boira de caracters,
desitjant, que no sigui massa tard
per trobar-nos novament
sota els llençols
en el més absolut dels estridents silencis.

eva méndez doroxo

segunda-feira, março 1

sostidos

desfollada por teus beizos,
inspirada e derramada por túa pel
cúbrote con arácnida incontenibilidade
mézote nos meus suspiros,
sostido, tan só, por meu desexo a existir.
_escoitando o nocturno nº 2 de Chopin
eva méndez doroxo

quinta-feira, fevereiro 25

deixame amarte

cando teu verbo impacta sobre min
esnaquízame.
teño que morder os beizos
para conter as bágos,
pechar o puño
para conter o sangue
que desexa manar salvaxe por todo nós.

rabioso atópasme espida
baixo a manta,
nun recuncho do cuarto
onde cada día me encerras
por medo a que escape,
novamente, de ti.

eva méndez doroxo

quarta-feira, fevereiro 24

sangue

a circunferencia dá voltas na miña testa,
non comprendo a dor,
entendo de emocionalidade
pero non falo o idioma pel.

comunicar_

atrapada na parábola dos outros
os que me observan
intento artellar o discurso.

_ comunico

ante vós áchome espida,
non tapan miñas branduras os vestidos do tempo,
as cicatrices das loitas anteriores son o ropaxe que vos amoso.

cominicamos?

ollos que xulgan,
verbas que firen,
risas que me alonxan do neopopulismo austral.

na illa.
vexetando.
simple e aterrada, estou.

eva méndez doroxo

segunda-feira, fevereiro 22

tornasol

percórrenme os medos
aterezo nos fios dos que me penduras,
tentáculos nacentes nos teus dedos.
síntome presa das lembranzas
do rumor dun día que non chega,
de teu sorriso alen de min.

eva méndez doroxo

domingo, fevereiro 21

tristeza serie B501

reconfiguro o código pel,
aínda en min,
teus beizos,
túas maus,
ti.
deconstruo o que fun,
agochada no fondo do vector
descrita entre berros e sudor.

recollo cada anaco de nós
para entregarllo a ela,
a que non te coñece,
a que ti escolles cada noite na néboa.

eva méndez doroxo

quarta-feira, fevereiro 17

x 389

oculta entre nostres absències
no tinc conciència d'existir.
penetro a l'inconcient
desconfigurant els ossos,
no et trobo al final del procés,
ets l'espectador de la meva incongruència.
m'enyores?
mai has entés el meus cos,
la meva llengua húmida parlant dels contorns,
exhausta vaig caure al penyassegat del teu ventre,
inexplorat, auster,
m'allunyes de tú,
em tornes invisible a la teva pell.

eva méndez doroxo

terça-feira, fevereiro 16

eu falo 2

contracturada a miña lingua desexa.
aniquilada, no sangue, agónica, a miña lingua protesta.
significa,
chora desligada dos teixidos da boca,
significa,
está na cadea,
debilitada, morna, a miña lingua acaricia.

es a miña lingua, voa.

eva méndez doroxo

febreiro

incompleta sen teus dentes,
miña pel queixase,
ausente agardando,
no xeo,
que te pouses nela.

co sangue mane da túa boca.
perder o coñecemento,
e cortarnos coas palabras
no momento exacacto en que te pouses en min.

eva méndez doroxo

sexta-feira, fevereiro 12

lleis de la perspectiva

teño lume nos dedos,
ardo.
imparable debórame a necesidade de ti.
sorpréndome ante teu ollar perenne
e as túas xélidas maus
envolta en chamas.
carbonizadas as lembras doutros días,
atopámonos exaustos de nós
forzados a apagar o combustible inflamable
que nos constitue.

eva méndez doroxo

quinta-feira, fevereiro 11

incompleta

tou, (tamos),
experimentando.
qué comunico?
non oio os teus lamentos,
berra con máis forza.

ansío cos ouvidos estoupen,
se enchan do teu son.

agarrame,
agarrame,
agarrame, faime túa.

sen forzas,
exausta de silencio,
lambo o apendice de nós.

eva médnez doroxo

convulsa 0008

as cores,
ollos que admiran o paso do tempo,
crávanseme na caluga.
penetrame a brétema do inconexo,
son,
existo en ti.
mesmo unha páxina en branco,
retallo a cornamusa desta identidade.

eva méndez doroxo

amanece

algún día descubrirasme,
entenderas que todo isto só é unha mentira,
co único que pretendo é que me vexas.
comunicarme contigo,
transmitirche a miña existencia.

nacín na invisibilidade,
e dende ela ameinte,
agardando na neboa cos teus ollos me vexan.

eva méndez doroxo

quarta-feira, fevereiro 10

sub

esquecida.
manipulas o sentido da acción,
transportasme ao mundo dos soños,
alimentas a ilusión.
confio,
entrégome ás formas impensables,
entretézome coa pel,
infinita, doce,
no rincón, esquecida.

eva méndez doroxo

els enciams

incomprendida da comunicación.
remato as páxinas co sangue doutras vidas.
parézome a min mesma,
mais son algo diferente a todo eu.
comprendo as caricias,
os agarimos das telas,
disfruto os fios de cotón,
as cores no peito.

imposible adiviñar os pensamentos,
plasmar en 7 versos
as verbas concretas que nos especifican.

incomprendida,
afondo na desesperación dos que me tocan.

eva méndez doroxo

tortuga de sorra

sóc una caricia a la teva memòria tàctil.
un objecte inanimat
amb qui un dia vas jugar a coneixer.

pretenc que les teves escames m'oblidin.
quan em respiris, 
les teves branquies atrofiades, tornaran a respirar.
podrem nedar a l'estany dels improbables,
jugant a ser impossibles,
a tant sols entreteixir-nos l'un amb l'altre,
aliens,
invisibles.

eva méndez doroxo

flamenco 4

es o número maldito,
a combinación dixital imperfecta.
non é posible sair impune amandote.

deformanse os cartílagos,
a figura circunfléxaseme e simplemente
abandoo a miña conceptualidade.

son múltiplo de ti,
unha obscenidade non nata
pola que loitar.

apresúrome, 
agochote no peto,
orballan dias de mutación.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats