terça-feira, julho 6

pesquisas

atrofiadas extremidades alleas ao corpo,
dormitan na profundidade motriz
dunha nova forma de vida.

acostumados ao simple,
os organismos superiores
aniquilan a complicidade orgánica
da linguaxe astro-circular.

atópote anómalo pero non podo
resistirme ao complexo da túa lingua.

eva méndez doroxo

segunda-feira, julho 5

dificultats léxico-sexuals

cauen les fulles tardorenques
quan abaixo el mitjons de l'inconcient.
afortunat l'home que esnifà la meva
essència abans que es solidifiqués
tota jo.

repto sense més ambigüetats que la meva pell nua.
exclusivitat analógica dels temps físics.
com abans, ara, sempre i després seré
l'objecte inanimat de l'ànima homónima
d'altre ésser escaïent.

eva méndez doroxo

sexta-feira, julho 2

mostruario

con cada pé dibuixas a oblicuidade
das miñas cadeiras de musa.

sen levantar os dedos da xanela
informas ao mundo de que somos amantes.

nun xesto silencioso apodéraste de nós,
extranxeiros na escaleira,
veciños de viaxe no tren da vida.

eva méndez doroxo

quinta-feira, julho 1

esparrixidor

as puntas do cabo do mundo achéganse,
sintoas entrara na porosidade efímera
dos recordos,
aqueles, nos que os dedos percorrían os beizos.

énchome de materia sol para explatar
nas bágoas contidas dos teus ollos de cristal.

formulado está o eixo a ningunha parte,
amarte é, a inversa do grosor dun pensamento.

eva méndez doroxo

terça-feira, junho 22

cerca

cerca, tamizado el inconsciente,
en lo oculto,
bajo la oscuridad que se vuelve partículas sonoras,
te presiento.

inflamadas tus interrogaciones,
ardientes mis conjeturas,
sucumbimos a lo inexplorado del silencio,
ese, que el aliento no interrumpe.

te formas en la quietud de mi mente,
sorteas cada microscópico pedazo de mi,
para alcanzar invicto mis formas primigeneas.

cerca, tan sólo cerca.

eva méndez doroxo

domingo, junho 20

suicidio

o suicidio é, por definición, o único acto consciente que se nos permite.
é o compromiso coas nosas conviccións primixéneas,
a inversa resposta ao nacemento, (acto totalmente aleatorio).
acharse na liña entre a cordura e a tolería
diagnostícase hoxe por inducción freudiana
máis a dificultade social para aceptar o suicidio como alternativa
ao sufrimento, propio ou alleo,
non deixa de ser unha acción cobarde do noso tempo.
pensar nos que quedan atrás de tan magna acción é imputado ao egoísmo,
máis eu preguntome,
non é o ser humano egoísta por definición?
ao fin e ao cabo nós somos os que denominamos ao egoísmo como tal,
polo tanto exíste tal concepto realmente?
non debería ser un dereito fundamental o poder escoller si se desexa continuar nunha vida que non solicitamos exproceso?

eva méndez doroxo

quinta-feira, junho 17

PER

naufraga de min,
naufraga de nós,
nautraga de ti.

maniobro contra a mala mar,
sen velas,
con vento,
sen ollos cos que poder ver alén
da neboa que me atesoura
e me impregna.

corto cabos,
escalo o mastil da maior,
pretendo que alguén escoite
as misivas,
os auxilios.
luz verde a babor,
ollos inhertes a estribor,
un agarimo na chuvia,
uns dedos prendidos na rede do mar.

naufraga de min,
naufraga de ti,
naufraga de nós.

eva méndez doroxo

catarsis

tres,
mil novecentos vinte,
catorce,
cen.

tres,
mil novecentos vinte,
catorce,
cen.
tres...
...

meditanción ventricular
do resto de nós.
afortunadamente sirve para esquecer.

eva mendez doroxo

galimatias

todo o mundo cree depender de min,
máis eu, infortunada vértebra do caos,
exixo impresenza no inmediato do cosmos.

reutilizarme na propia identidade
ou excitarme na dúbida imperante?

as dúbidas son, neste caso,
a absoluta e enigmática explicación do resto.

se non me entendes, dubida.

eva méndez doroxo

o alento das torturadas

xa non existo.
desprendinme de min mesma,
levitein.

conformada tres grados norte,
cinco punto tres minutos oeste,
excito a materia inherte
que hai tres anos abandoein.

afortunadamente consciente suprimo
calquer vestixio de min,
recontruirme non quero,
desexo seguir no éter,
na incongruencia efímera
desta inexistencia de min.

eva méndez doroxo

juglar

tornasolado pola lúa
es o espexismo de ti mesmo,
unha forma eterea na imaxinación do verbo.

rapsoda agónico
baixa as telas todas desta cidade,
anhelas o quente deste corpo presente
que abandoaches no chan.

dignificas as túas miserias
co silencio preciso,
ese, que fai ca mente se represente,
antes, nunca e despois da caida do medo.

eva méndez doroxo

na cama

confúdes miñas humidades
coa sutilidade dos xestos.
formulo cincocentas mil posibilidades de min
entre contacto e contacto.
somos os pesadelos doutras vidas,
a nostalxía do cheiro a carbón.
combustionados e explícitos
afondamos na inmensidade do outro
para emerxer ao novo día
sen medos prehistóricos.

eva méndez doroxo

terça-feira, junho 15

videoclip en 8 mm

les marques de peus m'omplen el cos.
remanents trangresors d'altre forma de vida.
tampoc m'interessa saber la meva anterior identitat,
ara sóc, una, l'ésser autèntic,
la malgama d'expressions porugues,
l'única interacció amb el medi.

t'agrado?
no vull respostes efímeres,
ni redundància que alimenti fantasies.
m'estimo més el soroll del silenci,
la veu callada que omple les meves orelles felines
d'interminables excuses de quan ens estimavem
al safreig de la meva bogeria.

t'estimo?
desitjo respondre amb veu alta aquesta reflexió patetica,
plena de núvols aristótils i figures platóniques,
però preferiria que aprenguesis l'idioma que jo parlo,
entendre'm et seria fàcil al lliscar les paraules
de llengua a boca,
de boca a dent,
de dent a mi.
en decadència rítmica, com l'estrofa d'aquella cançó submarina.

l'única solució als paral·lelismes identitaris és fóndrens
en el fenòmen anomenat v.i.d.a.

eva méndez doroxo

cando o alento só é lembranza

somos a suma de instantes que deixamos escapar.
formo parte do teu córtex,
do código xenético da túa memoria,
de todas as células que compoñen a túa pel.

alóxome nas túas fosas nasais,
en todas as túas minusvalías,
na xema de teus dedos horfos de min.

exísto cada segundo na lembranza do que non foi,
na negatividade do vértice,
no alento contido para que non desapareza toda eu
dos segundos que aconteceron a nosa felicidade.

eva méndez doroxo

astronomía

erecto corpo marciano,
fonte de inumerables bágoas.
tórnome escuma inflamable en contacto con elas.

eva méndez doroxo

domingo, junho 13

aritmética dos sentidos part III

cáenme as escamas ata cubrirte.
énches a boca co salgado da miña existencia,
afortunado mortal sen alento.
xestionas a presión nas miñas extremidades,
mordes, incansable, a brancura do meu cosmos,
fulminando anteriores presenzas bípedas.
íspes cada centímetro do teixido previo
a este encontro furtivo.
nacen, dentre as túas maus, os meus pes atónitos.
fundímonos na aritmética dos sentidos.

eva méndez doroxo

quinta-feira, junho 10

suicidio parte III

amputáronche a capacidade de min,
aniquiláches a sensación eu,
fulminaron calquer presenza de nós.

eva méndez doroxo

be my sun

arrasada quedou a miña memoria
tras o noso encontro felino.
formaches partículas moratorias
na miña dermis anfibia.
caín, desconxelada, no chan do teu corpo,
para seguir derretíndome alén de nós.

eva méndez doroxo

quarta-feira, junho 9

morta

eclosionas na praia da miña incertidume,
enchéndo os teixidos de oxíxeno.
perforas os penedos de bagoas critalizadas.
dilues as marcas cos escualos
probocaron á miña fraxilidade.
fúndeste na evanescencia do éter
para aplicarme teus beizos sobre a ferida
chuchándome cada gota de veleno,
para liberarme de min mesma.

eva méndez doroxo

terça-feira, junho 8

baixo a pel

atópote baixo a miña pel,
diluido,
fluctuante,
po.
inxírote, baixo a súa pel,
doce, perdido, líquido.
amósaste eterno, imperturbalbe,
áchome baixo a túa pel.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats