sábado, dezembro 4

cuncha e noz

zoas na miña indiferencia.
ausente e ingrávida
deixo que coles nos meus pensamentos
e incomuniques as extremidades
que poderían axudarme a fuxir.

acaricias a pel de mármore
sen agochar pulcredade no xesto.
eu, do outro lado do universo,
non sinto máis que xélida consternación
polo interese que os teus dedos amosan.

zoas rabioso nas fiestras
do meu mundo,
desexoso de rachar este silencio incomprensible.

eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 1

con gusto a páxinas molladas

son a túa noite,
son o teu cuarto,
cando desexes dormir.

esperto esnaquizada se non te atopo
entre as telas dos meus pensamentos.

son a pedra,
o teu asfalto
cando desexes fuxir.

mollada na neboa da túa indiferencia, eu,
a túa casa o teu patio
cando me permitas sentir, só un anaco,
dos teus pasos alonxandose de aquí.

son a ninfa,
son o diaño,
se me desexas ven a min.

eva méndez doroxo

sobre a cinza

sen folgos vaporízanse os coleópteros
tras o silencio do lume.
cinguidas as verbas nos élitros
rectifícanse infinitamente
ata mudar no éter.

quedan as trazas da quitina
no cortex dos espectadores
que goran por fundirse nos palpos
desta metamorfose animal.

eva méndez doroxo

informe estadístico: conspiración numérica

engadida á presión dos teus dedos,
afondo.

inflámanseme os pensamentos
neste devalo de vertixe.
baixo a dermis das túas palabras,
exhalo.
agonizo por ser a molécula que colisiona
contra a túa incredulidade,
e efímera te percorre, sen pausa nin sentido.

eva méndez doroxo.

segunda-feira, novembro 29

nós

nós.
danza invisible das liguas.

nós,
son percutivo baixo as telas.

nós.

eva méndez doroxo

cosendo x

xea entre as lembranzas da miña insensatez,
cando afogado e esquivo
agárdasme no silecio.

permítome pronunciar o teu nome
con xemidos que exalten
os milímetros que nos separan,
demasiados neste inverno descoñecido.

as veces, o latexo deténseme,
o xeo invádeme toda.

eva méndez doroxo

terça-feira, novembro 16

costuras en x

desexo derramarme na túa tensión,
mollar o vidrio e encher as telas
coa opacidade dos berros nocturnos.

quero que os minutos queden quietos,
observando o aquelarre de texturas
que teus dedos tecen.

inmóbil,
suspendida polo fío,
traspasada pola agulla, desexo.

eva méndez doroxo.

segunda-feira, novembro 15

tesouros

m'aproximo al perill de sentir-te lluny.
cinc milímetres son masses.
mossego la distància que ens separa,
el silenci u omple tot.

desitjo tornar a enfonsar la meva pell
en les teves paraules.
que les teves dents m'arrosseguin a l'univers desconegut,
on el temps es queda quiet,
observant com les nines se'ns dilaten i les llengües lluiten.

eva méndez doroxo


acércome ao perigo de sentirte lonxe.
cinco milímetros son demáis.
mordo a distáncia que nos separa,
o silencio encheo todo.

desexo voltar a mergullar a miña pel
nas túas verbas.
que os teus dentes me arrastren ao universo descoñecido,
onde o tempo queda quieto,
observando como as pupilas se nos dilatan e as linguas loitan.

estorniño

cae, sobre min, a implacable auga.
erosionada, sen posible resistencia,
esfameada entre as túas maus, me acho.
doeme a corteza.
acábome sen celeridade,
transformada en argamasa á que das forma.
interpreto o son do silencio perpetuo
pendurada dos teus beizos.

eva méndez doroxo

sábado, novembro 13

as de copas

mordo as follas na frialdade da noite.
vocalizo as sílabas do teu nome,
impronunciable viaxe ao fondo de ti.

mordo os beizos na incertidume.
afondas na carne,
lambes as tebras da insumisusión
mentres me corrompo coa túa esencia.

mordo.

eva méndez doroxo

sexta-feira, novembro 12

inferno

indagas nas marcas que me visten.
coa delgadez inversa do pasado,
escrebesme a historia.
letra a letra ardes,
o corpo enrrédaseme na tinta,
medra na gramática infame que obvias
ao borrar da tela os adxetivos da miña vida.

engorde apañas as fíascas,
o lume segue ardendo,
en min,
entre nós,
sobre ti.

eva méndez doroxo

quinta-feira, novembro 11

ta-hi

"o corazón que nunca amou,
non merece ser amado."

inflamada no teu peito, agardo.
a memória esquecina na porta,
entre teus beizos, nos teus ollos.
cansei de non saber,
de non querer,
batendo alén do corpo,
fora de nós,
coa forma do vento,
xeada, incompleta.
agardo, inflamada no teu peito.

eva méndez doroxo

domingo, outubro 24

importunismos

quero mergullarme nas imperfeccións da túa pel de neve.
implicarme nas caricias que imprudente me roubas
para agochar os dentes na prohibición do teu pescozo.

infiltrada no que pronuncias sinto levitar os meus pensamentos,
ata onte incertos.

somos aracnidas extremidades en convulsa interpretación silenciosa.

eva méndez doroxo

terça-feira, outubro 19

grupo 6

impossible ser teva novament.
aquesta vegada la meva gol·la no et pot nutrir,
ni la meva sang omplir-te de vida.

ara haig de marxar,
abandonar els teus brazos freds,
la teva mirada plena de fantasmes
i tornar a ser lliure.
desagnar-me absolutament,
indefinidament extreure'm del cos el teu sabor,
el teu alé,
la teva pell extranya i enfonssar-me en els llavis
que saben pronunciar el meu nom,
que coneixen la meva ànima,
que em regalen la seva sang.


eva méndez doroxo


imposible ser túa novamente.
esta vez a miña gorxa non pode nutrirte
nin o meu sangue encherte de vida.

agora teño que marchar,
abandoar os teus brazos fríos,
o teu ollar cheo de pantasmas
e voltar a ser ceibe.
desangrarme absolutamente,
indefinidamente extraer do meu corpo o teu sabor,
o teu alento,
a túa pel estrana e mergullarme nos beizos
que saben pronunciar o meu nome,
que coñecen a miña alma,
que me agasallan o seu sangue.

analxésico

mestúrome coa licuosidade da túa ingravidez.
sementando a lingua coa porosidade do orgasmo impronunciado,
propiciamos o encontro baixo a xeada,
sobre o chan.

colase a herba na dermis noutrora fría,
para combustionarse ao son dos xemidos
que as nosas gorxas propinan aos insectos,
incrédulos espectadores da nosa desesperación simétrica.

esquecemos a corporeidade anterior e fusionamonos nesta nova dimensión infinita,
onde a circunferencia o envolve todo.

os átomos caen, exhaustos, sobre as particulas en movemento,
as efímeras eclosionan ao son da nosa exaltación,
impertinentes respiran o noso sabor a canela.

mésturome coa licuosidade da túa ingravidez.

eva méndez doroxo

segunda-feira, outubro 18

alquimia na néboa

tecerme nas túas verbas
outra vez na oscuridade.
descubrirte quente
baixo o tear das miñas maus.
corromper o sabor da noite
con agarimos invisibles,
investigando sen medo o prohibido do teu corpo.

somos a comunión salvaxe
da racionalidade contida.
en compensdos latexos
inspiramos a vida: miña, túa, miña.

separarme de ti neste intre
faime esnaquizar o tempo,
sorrir no deserto
agardando a túa boca novamente bébeda de min.

eva méndez doroxo

sexta-feira, outubro 15

kit kat

neve cae na fraxilidade do noso encontro.
amorense os textos debaixo das teclas,
correspondeme a min ser a ferida silenciada,
a musa escraba do explícito,
o cordel que inventa a forma do teu xeonllo.

eva méndez doroxo

quinta-feira, outubro 7

hobbit

informo:
as novidades pesquisanse na incetidume
aquelo que alguén designou como caos.

reitero:
esqueceme, fuxe,
corre máis alá das miñas verbas,
dos agarimos que desexas e sigue ceibe,
o teu camiño inexplorado.

afirmo:
a reiteración faime demo e musa,
convirtete es escolma de paixón,
en rasurado ser do inconsciente.

eva méndez doroxo

sexta-feira, outubro 1

for ever

m'he deixat caure en els records,
entrellaçant-me en la seva xarxa,
m'és impossible nedar,
m'enfonso en les caricies,
m'ofegos sense l'oxigen dels teus llavis.

eva méndez doroxo

what ever

adoito a soñarte,
incompleto, no meu imaxinario,
es a esperanza do non acontecido.

compóñote de anacos doutros seres,
ollares que anhelo,
agarimos esquecidos,
palabras de fondo significado.

deixasme sen folgos na noite,
cando en durmindo te busco,
cando en soñando debuxote,
cando en te ter non vexo.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats