domingo, janeiro 2

tartaruga

infinitas falanxes percorren
os camiños da miña ansia.
agonizantes alentos
infrinxen as leis
do anonimato para pousarse
nas liñas que me configuran.
aprendo a estar calada,
sentindo como tea que os ollos
se me craban analiticos e fríos,
alleos a toda eu,
nunha incongruente forma de min.

eva méndez doroxo

sábado, dezembro 25

esqueixada

cando me percorren as patas do esquecemento,
afloxo os músculos e inspiro
os vapores dos encontros
sobre as brasas,
cando as linguas aínda queimaban
as texturas do medo,
e os ollos eran salvaxes e o mirar ceibe.

eva méndez doroxo

terça-feira, dezembro 21

na cociña da alquimista

o sabor a doce éncheme o nariz,
penetra os teixidos brandos da miña memoria,
viaxa entre os dedos e os dentes
para intalarse no fondo do imaxinario
que significa non terte.

aprendo, na distancia,
as formas do son da túa voz
petando contra os meus ollos,
mollados aínda pola ausencia.

a boca derrétese ao probar
as minúsculas particulas cobrizas
que tinguen a noite.

entre gotas de chuvia agardo
compartirche o doce co enche todo.

eva méndez doroxo

segunda-feira, dezembro 20

3xturas

infórmate nos beizos do meu desexo,
comunica coa lingua das humidades todas,
busca cos dedos o tacto dos xemídos,
mergulla os ollos nas profundidades do eu.

eva méndez doroxo

domingo, dezembro 19

clasicos á carta

segundos de pel abalánzase nas miñas papílas,
o sabor a limón imprégname.
alíñasme con un pouco de sal,
un pouco de mel,
algo de ti.

horas de voz tremen nas nosas extremidades
afogados suspiros entre verbas descoñecidas,
bocas molladas,
linguas quentes,
algo de min.

eva méndez doroxo

terça-feira, dezembro 14

indecisió

llisques vacil·lant per la meva indecisió,
com si en coneguessis els secrets
que oculto rera les formes corves
de la meva conversa.

m'inflames amb la sutileça del verb,
a poc a poc, agitant-me com a una fulla de figuera,
abans i durant una tormenta d'estiu.

la fortuna amb somrriu quan esgotat et distàncies,
formulant sorolls que no endevino i que em recorden
el gemecs de qui en una altre hora va lliscar indecís per les meves vacil·lacions.

eva méndes doroxo

liscas vacilante pola miña indecisión,
como se coñeceses os segredes
que escondo detrás das curvas
da miña conversa.

inflámasme coa sutileza do verbo,
engorde, agitándome como a unha folla de figueira,
antes e durante unha tormenta de verán.

a fortuna sorrime cando esgotado distanciaste,
formulando sons que non adiviño e que me lembran
aos xemídos de quen noutra hora liscou indeciso polas miñas vacilacións.

segunda-feira, dezembro 13

noz e castaña

amósome impúdica aos ollos que me xulgan.
a lingua eme descoñecida,
pero crábaseme na carne esnaquizando as frebas.
a dor atravésame,
conteño a contorsión,
bebo as bágoas e esbozando un sorriso cuspo.
o sangue tapóname a gorxa,
agora son eles os que non conteñen as risas,
vexo o lume no seu ollar,
a sede nas bocas fermosas que desexei bicar.

eva méndez doroxo

quinta-feira, dezembro 9

nunca antes

mordín as verbas mentras saían da miña gorxa.
rozando o invisible,
aproximeinme aos cantís da mácula.

son a fada que me observa,
instalada na dimensión adversa,
onde nunca antes naide andou.

esbaro pola liña recta,
algo inclinada,
oblícua,
que me pretende guiar
neste percorrido absurdo á cordura,
esa agónica compañeira de viaxe,
que há anos quedou encorada no fondo
da miña existencia prosaica.

eva méndez doroxo

sábado, dezembro 4

cuncha e noz

zoas na miña indiferencia.
ausente e ingrávida
deixo que coles nos meus pensamentos
e incomuniques as extremidades
que poderían axudarme a fuxir.

acaricias a pel de mármore
sen agochar pulcredade no xesto.
eu, do outro lado do universo,
non sinto máis que xélida consternación
polo interese que os teus dedos amosan.

zoas rabioso nas fiestras
do meu mundo,
desexoso de rachar este silencio incomprensible.

eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 1

con gusto a páxinas molladas

son a túa noite,
son o teu cuarto,
cando desexes dormir.

esperto esnaquizada se non te atopo
entre as telas dos meus pensamentos.

son a pedra,
o teu asfalto
cando desexes fuxir.

mollada na neboa da túa indiferencia, eu,
a túa casa o teu patio
cando me permitas sentir, só un anaco,
dos teus pasos alonxandose de aquí.

son a ninfa,
son o diaño,
se me desexas ven a min.

eva méndez doroxo

sobre a cinza

sen folgos vaporízanse os coleópteros
tras o silencio do lume.
cinguidas as verbas nos élitros
rectifícanse infinitamente
ata mudar no éter.

quedan as trazas da quitina
no cortex dos espectadores
que goran por fundirse nos palpos
desta metamorfose animal.

eva méndez doroxo

informe estadístico: conspiración numérica

engadida á presión dos teus dedos,
afondo.

inflámanseme os pensamentos
neste devalo de vertixe.
baixo a dermis das túas palabras,
exhalo.
agonizo por ser a molécula que colisiona
contra a túa incredulidade,
e efímera te percorre, sen pausa nin sentido.

eva méndez doroxo.

segunda-feira, novembro 29

nós

nós.
danza invisible das liguas.

nós,
son percutivo baixo as telas.

nós.

eva méndez doroxo

cosendo x

xea entre as lembranzas da miña insensatez,
cando afogado e esquivo
agárdasme no silecio.

permítome pronunciar o teu nome
con xemidos que exalten
os milímetros que nos separan,
demasiados neste inverno descoñecido.

as veces, o latexo deténseme,
o xeo invádeme toda.

eva méndez doroxo

terça-feira, novembro 16

costuras en x

desexo derramarme na túa tensión,
mollar o vidrio e encher as telas
coa opacidade dos berros nocturnos.

quero que os minutos queden quietos,
observando o aquelarre de texturas
que teus dedos tecen.

inmóbil,
suspendida polo fío,
traspasada pola agulla, desexo.

eva méndez doroxo.

segunda-feira, novembro 15

tesouros

m'aproximo al perill de sentir-te lluny.
cinc milímetres son masses.
mossego la distància que ens separa,
el silenci u omple tot.

desitjo tornar a enfonsar la meva pell
en les teves paraules.
que les teves dents m'arrosseguin a l'univers desconegut,
on el temps es queda quiet,
observant com les nines se'ns dilaten i les llengües lluiten.

eva méndez doroxo


acércome ao perigo de sentirte lonxe.
cinco milímetros son demáis.
mordo a distáncia que nos separa,
o silencio encheo todo.

desexo voltar a mergullar a miña pel
nas túas verbas.
que os teus dentes me arrastren ao universo descoñecido,
onde o tempo queda quieto,
observando como as pupilas se nos dilatan e as linguas loitan.

estorniño

cae, sobre min, a implacable auga.
erosionada, sen posible resistencia,
esfameada entre as túas maus, me acho.
doeme a corteza.
acábome sen celeridade,
transformada en argamasa á que das forma.
interpreto o son do silencio perpetuo
pendurada dos teus beizos.

eva méndez doroxo

sábado, novembro 13

as de copas

mordo as follas na frialdade da noite.
vocalizo as sílabas do teu nome,
impronunciable viaxe ao fondo de ti.

mordo os beizos na incertidume.
afondas na carne,
lambes as tebras da insumisusión
mentres me corrompo coa túa esencia.

mordo.

eva méndez doroxo

sexta-feira, novembro 12

inferno

indagas nas marcas que me visten.
coa delgadez inversa do pasado,
escrebesme a historia.
letra a letra ardes,
o corpo enrrédaseme na tinta,
medra na gramática infame que obvias
ao borrar da tela os adxetivos da miña vida.

engorde apañas as fíascas,
o lume segue ardendo,
en min,
entre nós,
sobre ti.

eva méndez doroxo

quinta-feira, novembro 11

ta-hi

"o corazón que nunca amou,
non merece ser amado."

inflamada no teu peito, agardo.
a memória esquecina na porta,
entre teus beizos, nos teus ollos.
cansei de non saber,
de non querer,
batendo alén do corpo,
fora de nós,
coa forma do vento,
xeada, incompleta.
agardo, inflamada no teu peito.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats