quinta-feira, julho 21

locked my mind.

derramo las particulas de mi inconformismo
en cada exhalación.
a caballo entre las sonoridades y tú,
mi aliento se confunde con los colmillos
que desgarran mi piel.
falange sobre falange deshojo las caricias
para sumergirme en el universo que anhelo.
inflamas mi cordura,
derramas la inocencia,
atraes el caos.
sucumbo a lo innombrable de nuestro encuentro etereo.

eva méndez doroxo

terça-feira, julho 19

dos poemas rotos.

tórganseme as verbas na gorxa,

rachan antes de poder pronuncialas

filtrando a dor polos furados

que deixan ao seu paso os non sons.



imaxino a fervenza de letras,

incorrectas e duras,

agarimosas, case doces.

pero afondan na larixe,

acomodanse nas cordas

e só emito a forma gutural do pasado,

a oclusión linguistica do meu berro.



non podo negarme máis

a consecuencia absoluta

de ter as costuras rotas,

de estar baleira de letras,

de ser o alento sen verbas.



eva méndez doroxo

faro.

es o náufrago que as miñas bágoas non conseguiron afundir.
moras nalgún lugar entre a néboa e o meu ollar,
perto de abondo para que te sinta moi lonxe,
lonxe de abondo para que coles na miña lembranza,
nos meu agarimos da noite.

alumeo furtiva dende os cantís que foron refuxio
de palabras e xestos, de xemidos contidos,
de salitre e rencor,
de esquecemento e tempo.
de corpos salvaxes xogando nas ondas dun infinito efímero.

eva méndez doroxo

segunda-feira, julho 18

excomunión das pegas.

na confusión da noite,
cólaste polos poros dunha incertidume
que me asfixia.

o esquelete da confusión árdeme baixo os músculos,
enfurrúxaseme o peito o ver as pegadas na miña pel.

cómo entender as verbas,
cómo comprender os feitos,
cómo espetar un berro se xa non me queda alento.

eva méndez doroxo

quarta-feira, julho 6

progresión armónica.

ólesme a pan quente cando desenveleñas os meus sentidos.
contraense as verbas en profundos diftóngos,
sen puntos nin comas agardo que invadas a intimidade
dos sons irreverentes.

comunico, con signos, no idioma que entendes,
o das papilas gustativas,
o das glándulas sudoríperas,
o dos teixidos conectivos.

ólesme a pan quente cando te sinto camiñar pola miña pel.

eva méndez doroxo

segunda-feira, julho 4

cancro.

comín, a xiculate, dos teus beizos.
fun devorada pola furtividade dos teus alentos,
embebémonos na concavidade dun silencio.

depositados no fondo dunha lembranza,
suspendidos polas bágoas da incertidume,
só a distancia nos achega aos banquetes
de agarimos, encubertos, en padals humidos.

eva méndez doroxo

terça-feira, junho 28

trucades anónimes

m'has xuclat l'inociencia massa depressa,

deixant-me l'espelma de l'inconcient apagada.

feble i desmemoriada, m'allunyo,

fent enrrevessades voltes entre les fileres

dels morts, que he dut vestits, sense pudor ni seny.


eva méndez doroxo

quinta-feira, junho 23

fogueira de san xoan

ardo na paixón do encontro.
envolta nos tecidos brandos
dun corpo alleo
que me corresponde con extrema paciencia,
consumindo,
no intre excato no co lume me bica,
as fíascas de min que quedaran ao marxe.

eva méndez doroxo

quarta-feira, junho 22

resurrección

deixein as ás na porta
para non queimalas nos infernos das túas verbas.

achegueinme espida
para que me xulgases
e novamente me condeas a unha morte lenta.

esta vez non penso escapar,
quero cos corvos esgacen a miña carne,
cos risos aniquilen os meus sentidos,
e verte feliz pola miña desintegración.

en rematar a túa tortura,
se queda algún anaco de min,
pídolle ao lume co queime
e que coa cinza se tingan as miñas ás,
que pacientes e virxes agardan na porta
do inferno dalgún agarimo.

eva méndez doroxo

terça-feira, junho 21

esperanza verde.

esquecín a miña identidade
ao sentir, os teus ollos, pousarse
na incertidume dun agarimo pronunciado.

os cantís abríronse dentro de min,
formando as liñas da locura,
a compañeira de viaxe que te alonxa,
que nos achega.

somos seres abnésicos de nós,
rumiantes das verbas,
infinitos viaxeiros de peles alleas.

eva méndez doroxo

quinta-feira, junho 16

cravo, lavanda, ti.

configurada cos fíos, doutras teceduras anteriores,
mergúllome nos dedos da túa hostilidade.

as veces, mollo os beizos nas fibras que esqueces
ao tensar o bastidor sobre a miña pel aínda enxutia.
consigo terte moi perto,
tocarte case co alento,
sentirte na humidade que me invade.

alleo aos meus pensamentos,
crábasme a madeira torneada das palabras secas,
irrumpes na cubeta onde as texturas se expanden
para sacar, con tino, outro pedazo de min,
amecéndome ao erro que me vai desfacendo.

procesas, unha vez máis, o meu corpo exento de nós,
para detallar no acetato o contorno de quen desexarías que fose,
a muller, que non ves, enterrada nas liñas difuminadas
da superposición de personalides.

consúmome en silencio,
observadora ausente,
monstruo impaciente das túas creacions extraordinarias.

configúrome baixo a presión de ser túa un segundo antes de desaparecer.

eva méndez doroxo

quarta-feira, junho 15

as casas do lume

remecendo, co garabullo da indiferencia,
observas os nosos corpos misturarse
baixo o calor do interregonte.

faiste invisible a nosa batalla.
somos as lobas famentas que se deboran mutuamente,
os ingredientes perversos do teu pensamento uniforme,
unhas sombras no papel pintado das túas paredes.

transfórmome nunha furia descontrolada,
aliméntome da miña rival nunha loita frenética por desaparecer.

agardas, co garabullo na mau,
para voltar a meterme na pota,
coas mulleres todas,
cos pensamentos pobres,
coas efímeras palabras.

eva méndez doroxo

sexta-feira, junho 10

segundos

cardiovasculas nunha intensidade efímera,
a que o marca páxinas do meu alento,
che indica con cada exhalación.

formulas unha palabra nova a cada agarimo,
cando o contacto, do teu latexo a miña incongruencia,
fisura as portas que nos protexen.

nun berro silencioso,
proclamo, unha vez máis,
que desexo ser túa.

eva méndez doroxo

quinta-feira, junho 9

luz

refráctasteme dende a pel ao universo,
dende os poros ao mollo,
dende o silencio á dor.

no teu ollar difraccionado, vivo,
invisible ao reflexo das cavidades que me proxectan.

agardo, na noite inachegable,
que rotemos paralelos,
en sentido inverso,
para que nos polaricemos sexaxesimalmente.

eva méndez doroxo

quarta-feira, junho 1

abandoada

atranco as forma.
imaxes, de sabores impensables,
percorren o medo a esquecerte.

suprimo os agarimos,
afondo nos ollares alleos, buscándote.

teño a boca chea de lembranzas,
de momentos nos que as bágoas se limpaban con viño doce,
e os bicos eran a fonte inacabable de vida.

habítasme,
achegandote, cada vez máis, as formas que atranquei,
levantando as llancras para escapar de min.

eva méndez doroxo

sábado, maio 28

porqué?

resisto na liña invisible da cordura.
atravesada polo ferro,
mantéñome en pé,
vendo o sangue que mana dos buratos infrinxidos.

abandoada na corda,
esquecida, baixo o lume da lembranza, en silencio,
resisto na liña invisible da cordura.

eva méndez doroxo

sexta-feira, maio 27

traviata.

constantemente dolorida,
arrástrome polas pedras de peles alleas.
intentando atopar a miña identidade,
regalo a vida entre telas e ilusións perdidas.

do outro lado,
demasiado lonxe,
agardas.

sen xulgarme,
sen pretender que te vexa,
en silencio.
observas a miña destrucción e agardas.

as veces unha verba en forma de bagoa consigue que te mire,
que vexa como me obsevas,
pero cega de deseperanza idolatro outra nova dor e non alcanzo a verte.

fuches amigo, confidente, amante desexado,
pero agora, cando o inferno me cosume,
es, tan só, unha nube que contemplo contemplarme ata quedar sen alento.

eva méndez doroxo

planeta somni.

habítasme dende antes de saberte,
cando as horas contábanse en gramos de palabras
e o teu ollar inquedo buscaba onde refuxiarse.

coñézote cando te soño,
aínda ancorado na lembranza dun agarimo inexistente,
a ponte, que desdebuxan as miñas mans baixo as túas,
sen verbas nin tempo para habitarme,
para habitarte,
para soñarnos,
neste mar de cumulonimbus no que agardo.

eva méndez doroxo

quinta-feira, maio 12

títeres

configúranme partículas aterradas, que se manteñen unidas grazas ao medo á desintegración.
mesmamente eu, colada aos teus beizos, aterrada mantéñome, desconfigurada polo medo á bípeda diserción das túas partículas.

eva méndez doroxo

fronteiras

trémenme os sentidos cando o accidente dos teus dedos percorre as miñas incertidumes.
contraigo os músculos,
amósoche a naturalidade estudada,
soño.
penso nas túas falanxes abandoadas ao infinito da miña suavidade,
nos teus beizos esquecidos sobre a miña axitación,
en ti nun agarimo eterno, mentras as voces se apagan e fechan as portas,
botándonos, de novo, das fronteiras dos posibles cara a realidade dos momentos.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats