terça-feira, novembro 8

mirall.

torno a ser la frívola imatge que admires.
sota els peus, reseguint-me la pell,
els cadavers de les altres vides:
la dona esclafada pel teu silenci,
una ninfa en les teves mans,
qualsevol pell fen-te caricies.
ara ja torno a ser una musa entre els teus llavis,
allò que des de lluny espies,
per saber-te font ardent dels meus misteris,
els que per sobre dels ulls esperen que algú els descubreixi.
avui, he vist com em miraves,
extrany i pasional,
contingut en les teves misèries,
afortunat de no tenir-me.


eva méndez doroxo.

intrumentos de vento: a fotoviola.

non existo nas comusiras da túa boca,
nin nas longas noites nas co frío me xea a alma.
non comprendo o porque deste abatimento,
nin o xeito que teis de ignorarme.
pero comprendo cas lembranzas dos meus ollos
son fotogramas dunha historia imprecisa,
na que fomos persoaxes secundarios,
-papeles pintados na parede de nós mesmos-,
unha pantomima do irreal que foi coñecerte.
afortunadamente, gardo, en superoito, algúns deses instantes,
nos que a túa lingua me percorría sen medo,
e os teus dentes trabábanme o inconsciente
para sentirnos alleos a metales fosfóricos,
sen ilusións nin formas no peito.
son a secuencia da nosa existencia que cosiches aos petos
da miña memoria.

eva méndez doroxo.

sexta-feira, outubro 28

renaixement.

tanto me ten cos beizos me ardan por non terte,
ca pel se me esnaquice ao lembrarte nela,
cos sentidos me confundan para esquecerte.

tanto me ten que te vertas esgotado nos meus degoiros,
cos ollos te amosen espido na miña gramática.

tanto me ten cas fadas iluminen os nosos corpos na noite,
ca chuvia esgace a puntuación dun aceno que non comprendo,
co lume amose a galbana que me cubre a alma,
que me fustriguen os posibles,

porque só desexo misturarte coa brétema desta afogada
para percorrernos, inxenuos, en silencio, sen nome.


eva méndez doroxo.

benvida proclamada.

accédesme pola traseira,
a que esquecín fechar
cando as bágoas cubrían as paredes.
chegaches, como os exércitos,
erguindo as pedras do chan,
cubrindoo todo de po.
antes de ti, non lembro nada.
despois de ti, non vou existir.

eva méndez doroxo.

pés e outros animais.

sorrisme.
agochada na néboa da miña credulidade,
agardas o intre, preciso, para cravarme
as verbas da destrucción.
moveste sixilosa, gracil,
entre as miñas confesións e as miñas dúbidas.
sorrisme.
confiada arxila nas túas maus,
vou tomando a forma do que non comprendo,
extenuada polo medo,
só tremo, indefensa, ante a túa magnifica crueldade.


eva méndez doroxo.

sexta-feira, outubro 14

transversal.

arríncome a vida coa fame axitada dunha lingua allea.
esquezo a miña forma humana para arroxarme as fouces
dalgún descoñecido.

morta xa, entre os teus dedos, convulsiono esquelética e doce,
como antes de deborarme.

a incredulidade nos teus ollos atérranme.


fuches artífice, executor, do festín da miña vida,
sosteisme pueril e morno mentres es incapaz de probarme.

non son máis co manxar que desexabas,
unha muller latente, sen esperanza nin vida,
agardando a ser amada.


eva méndez doroxo









quinta-feira, outubro 13

letras de sal.

reflexo,
unha pel marcada.
 caricia,
cinco gramos de sal nas pálpebras.
morte,
percorrido infinito entre nós.
atida, na ouriceira dos pensamentos,
exploro a incongruencia
de cada xesto.

eva méndez doroxo














pista 3. zamfona.

extravíome na encrucillada dos teus silencios e os agarimos doutras bocas.
desintégrome na forma cóncaba da túa mau sobre un outro peito,
desprazado polas liñas dun corpo que non é o meu,
mergullado no estrano sabor dalguén que descoñezo.

e eu, sostida polos alentos, entrégome furiosa aos homes que te representan,
as voces que te alonxan de min,
aos beizos que arden o teu recordo da miña pel.
para espertar, espida, no fogar da desesperación dialéctica,
esa que, sen motivo, me atrapa para facerte renacer, con máis forza, na miña pel debastada.

eva méndez doroxo 






domingo, outubro 2

resurrección.

impredecible, oculta entre as telas, o branco oprime as miñas células. escapei das cores, impregneime do sabor salgado que deixan as pedras do esquecemento. focei entre as follas do medo, recuperando os anacos que de min mesma, foron sedimentando. agora, con impúdico pracer, érgome vestida de longa arrogancia gris, camín da existencia que desenterrein. eva méndez doroxo

sexta-feira, setembro 30

plan de fuga 3.809.

as incógnitadas son o meu compañeiro de viaxe. o interrogante a miña amante nocturna. os signos de puntuación advírtenme que as túas pegadas aínda están recentes, nesta pel que habito. eva méndez doroxo

quinta-feira, setembro 29

euforia.

árdesme. exhausta afógote entre as miñas dúbidas, os medos érguense, as lembranzas queimanme a pel. sinto a dor nas miñas xemas ao acaricirte, os meus beizos espeléxanse ao percorrerte, árdesme, árdesme, árdesme. eva méndez doroxo

quarta-feira, setembro 21

renacemento.

non aturo unha realidade na que os teus dedos non percorran a miña pel, na que non te sinta penetrar no absurdo das miñas dúbidas, e que as túas falanxes derretan as verbas nos meus beizos. non aturo saberte no outro extremo de min, no lado que xa non habito, na habitación onde dormen os agarimos calados, entre arañeiras e ferro. pero ti non desexas, xa, pasearte espido pola miña incredulidade. non pretendes ollarme pétreo, mentras a roupa se invisibiliza. xa só queres entregarte ao silencio e o esquecemento, compañeiros eternos na miña viaxe cara a ti. eva méndez doroxo

quinta-feira, setembro 15

novamente ti.

enfundada na incerdidume, médrame, na gorxa, desesperación dun berro. conteño, tres segundos, a identidade e exploto de forma insensible. espaida en anacos de existencia controlada, limpo os restos de tinta dos meus órganos. atrapada no silencio, estoupanme os tímpanos o oirte pronunciar o meu nome. eva méndez doroxo

terça-feira, setembro 13

sonata.

resístome aos teus beizos,
á cadea dos teus dedos,
ao insensato de ser túa.

son un nubelo de desexo,
unha fervenza descontrolada
que arrasa a túa pel, morna,
con aguda fame líquida.

afondas nun espacio, indeterminado,
da miña confusión,
entre as pernas e a cabeza,
no neal da paixón.

eva méndez doroxo.

segunda-feira, setembro 12

Barcelona m'esborrona.

filtrado, polos espazos que deixo,
agarimas os meus recunchos.
hipnotizada, entre os teus beizos,
camiño polos quilometros de pel
que separan o suor e a tela.
mergullados no eclipse dos corpos,
sen máis misterios cos nosos silencios,
aproximamos a lingua a un padal descoñecido,
para convertirnos, de novo, en vapores doutros tempos.

eva méndez doroxo

terça-feira, agosto 30

foliada dos bizolos.

adormezo engaiolada nas túas verbas.
entretecida nun nubelo de agarimos rotos,
as pálpebras descéndenme ao lugar que habitas.

vibran os metales
con cada exalación.
dilátanse as pupilas
un segundo antes de que aparezas.

adormezo engaiolada nunha melodía descoñecida.

eva méndez doroxo

sexta-feira, agosto 12

túa.

absurda, na noite,
atópome, espida, no teu ollar brilante.
agocho o fucín entre os teus vapores,
absorvo o alento que me percorre.

infliltrado na miña pel,
atravesas o deserto da indiferencia,
para repostar, exhausto, no oasis dos meus peitos.
aínda axitados pola viaxe,
ollámonos, desconcertados, nunha derradeira exhalación de morte.

eva méndez doroxo

hipoteca: impagos.

calculo o prezo das palabras,
cada letra un minuto de vida,
cada frase unha nova morte.

dasme testemuña das miñas débedas,
anotachelas todas nun silencio
que me desgarrou a larinxe.

incrementaches valor
a costa das miñas lerias,
infinitas verbas co encheron todo,
ata secarme por dentro
e arruinarme por fora.

eva méndez doroxo.

quinta-feira, agosto 4

sete anos.

sete anos levo presa dos teus beizos de zucre.
impregnado te achas nas miñas papilas,
nos meus teixidos.
esgazada me atopo ao ollarte no fondo
desta andaina sen tregua,
na que tortuas a miña alma
para gozar do meu corpo.

sete anos levo presa dos teus ollos de pedra.
érgome espida e débil,
atravesando as fragas de corpos
que habitan cada recuncho da nosa vida,
nesta cadea de angustia
na que mergullo a necesidade de ti.

sete anos deixo,
sete anos esquezo,
sete anos es, son, fomos.

eva méndez doroxo

segunda-feira, agosto 1

monstruos.

cara amable,
sorriso limpo,
ollos nos que perderte.

palabras sinceiras,
orellas pequenas,
e bicos sabor a sal.

voz...

entre cachos de vida,
fíltranse polos dedos,
agardan agochados nas sombras,
sentados ao noso carón,
agochados nos pesadelos,
inflitrados na nosa cotidianidade,
no fondo dalgún lugar de nós.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats