sexta-feira, abril 20

catro.

na brétema infinita dun agarimo,
perdo o sentido.
deambulo polas estradas do teu ollar,
sen saberme túa,
sen desexar outra cousa ca liberdade
dos teus beijos.

eva méndez doroxo.

quarta-feira, abril 11

tribu dos mortos.

espida, de novo,
acho o sentido desta existencia.

abandoei o vestido das lembranzas,
queimei o abrigo das desilusións,
descubrinme tatuada coas cores do medo.

agora, sen roupa, os pasos alónxame das pantasmas,
os elípticos ollares múdanme as cores
que xogan coa miña pel camaleónica
nun novo circo de evidencias.

vexo outros corpos,
tamén espidos,
escondidos na súor destilada dos silencios.
non nos tocamos, pero, sabémonos exército de superviventes,
da gran batalla do sen sentido.

espida, de novo...

eva méndez doroxo.



muros de carga.

emerxo coa virulencia do fenix
dentre a escravitude do teu corpo.
infrinxo as normas para  reterte na concavidade
da miña brancura,
a que, ata hai nada, admirabas,
na que, ata onte, dibuxabas as liñas curvas
doutras ninfas.

esnaquizada baixo a tensión dos teus beizos,
arrebato o xemido,
o berro,
a furia desta nova gaiola na que me atesouras.

a luz esbara pola corteza dos meus sentidos,
pérdome, na brétema, dos teus ollos,
e volto, novamente a afondar no lume
dun novo nacemento.

eva méndez doroxo.

prima de risco.

as unidades de tempo,
mídoas en segundos sen ti.

eva méndez doroxo.

bioloxía dun pensamento.

mollo os beizos nas formas das túas palabras,
agardando non ser descuberta
nunha fugaz amnesia dos sentidos.

como angorde,
saboreando cada anaco de ti,
procurando que non vexas
o sorriso que esperta cada bocado.

en rematando,
ollas as miñas branduras,
e, paciente, nomeas
cada momento desta pel
que sen sabelo te desexa.

eva méndez doroxo.

pudor incendiario.

toda eu ardín.
o alento e as bágoas non detuveron a combustión.
un berro desatendido
quixo espertar as conciencias,
pero o lume encheume toda,
ata só deixar a verba,
insignificante legado do que nalgún tempo fun.

agora a cinza que me materializa,
desexa transformarse en letra,
quere percorrer os corpos
que, noutrora, a profanaron.
deixar a pegada, do lume,
en xentes que coa sede do silencio
a afastaron a golpe de misto.

pretendo eu,
na miña nova existencia,
renacer penetrando na porosa capa de medo,
que sen sabelo os conforma,
e dibuixar o rastro da morte nos ósos
desencaixados dos carroñeiros que me estragaron
un novo segundo de vida.

eva méndez doroxo.


terça-feira, abril 10

frecuencias.

entregada de novo ás correntes de febril incomprensión,
achego as verbas a, iste, teu corpo espido,
removo as mondas do banquete,
conto o tempo en unidades de alento.

abstracta é a liña que nos separa do xogo
para introducirnos nun diálogo de corpos.
exaxerado,
baixo a tela,
o movemento destas dúas peles
que decidiron racharse
nunha primixenea comunicación.

eva méndez doroxo

bioconstrucción 1.0

imaxinasme inmóbil?
cos músculos aínda en tensión
despois do encontro,
pero sen que os espasmos se apoderen deles.

imaxinaste esperto?
entre os meus beizos deborado,
cos ollos intáctos e os ósos fragmentados,
sen saberte totalmente vivo.

imaxinasnos?


eva méndez doroxo.

segunda-feira, abril 9

bioconstrucción.

constrúesme aproveitando as paredes do derrumbe,
os muros aínda intactos das catástrofes anteriores.
non te das conta de ca lama esorre por entre costuras
dunhas pedras xa cansas polo longo resistir.

a modo axústame á terra,
ímpidesme o desplome,
pero baixo o verde sego erosionada,
desexante de cas túas maus me sigan a percorrer.

eva méndez doroxo.

transitando a Fernanda Takai.

"Sempre so
Eu vivo procurando alguém
Que sofra como eu tambén
Mas nao consigo achar ninguem."

afondo na mistura que se esconde
tra-los movementos dunha pel axitada.
quero formar parte da néboa,
para percorrente na invisibilidade
duns dedos aínda sen xeito,
afeitos a corpos máis esquivos
nos que os beizos berran outros nomes.

eva méndez doroxo

condominio.

naufrago, ancoras nas escamas desta pel.
sinto como a dor me atravesa.
ximo,
pretendo ser sixilosa e que nos invada o silencio,
pero ximo, sego xemindo.
atopas o sangue nos aparellos do teu naufraxio,
descóbresme esnaquizada contra os teus beizos,
 presa  nos ósos dunha vida que me era allea.

eva méndez doroxo.

terça-feira, março 27

compases.

catro centos versos para que me interpretes.
un mundo de letras, no que perderme.
non son algo que esconder,
nin un anaco doado de esquecer.
son máis cunha morea de pel e ósos,
máis cos xemidos na néboa da incertidume.
formo parte das plaquetas que se bombean
dende o atrofiado órgano que che impide amar.
estou adscrita aos alentos silenciados.
ollas cada un dos meus latexos de tinta
impotente ante a imposibilidade de aniquilarme.

eva méndez doroxo.

quarta-feira, março 14

cabaleiros e musas.

non teño intención de someterme aos teus delirios.
imprimín o medo na miña dermis,
agora,
por sempre nela,
amosareincha espida, tal como fora.

craváchesme as agullas da contención,
rexeitando as miñas formas,
armando unha nova Eu entre fíos tinguidos de sangue,
o meu, o dela, o de todas aquelas que aínda están por chegar.

eva méndez doroxo.

domingo, março 11

trufas e crema de castañas.

quero esgazar a gorxa no esconxuro dos teus beizos.
morrer infinitamente, sen permiso do corpo.
amosarche o sentido da liberdade
con cada bocado destes dentes.

quero afondar os dedos,
no unto das túas mentiras
e deborarte como predador que fuches.
chantar as uñas no desexo,
afogar os sentidos,
deixarme invadir.

eva méndez doroxo

sexta-feira, fevereiro 3

viatge a ítaca.

deixo que la fluorescència s'apoderi de mi.
que la meva sang es torni densa
per tal de que ells, els que m'habiten,
puguin xuclar-la, gaudir-ne,
alimentar-se.

m'ofego en el plaer de sentir-me buida,
d'extremar la presència dels qui s'oculten
sota la pell marmòrea d'una dona.

entretinc la gana,
enfonssant els dits en la carn sucosa,
la que em fa ser l'àpat d'unes dents ferotges,
d'unes boques dolces que faran trencadissa
amb els meus òssos.

gaudeixo cada segón anterior
al banquet on, novament,
el meu cos serà l'éxtasis dels convidats.

eva méndez doroxo.


domingo, janeiro 22

ignífuga.

neve nas pálpebras,
perforándome a dermis,
penetrando na lembranza
que esquecida, por ti, quedou conxelada
na retina dos meus sentidos.

agardan as árbores
cas miñas bágoas as reguen.
ca fervenza naza virulenta
no desxeo dun recordo aínda quente.

amósame os ollos brancos,
baleiros de sentimento,
cheos de pedras e desconcerto.

observa, con eles, a primaveira nacendo
das miñas cuncas cheas de xeo,
polas que o pasar do tempo
tan só há deixar o teu esquecemento.


eva méndez doroxo

sexta-feira, janeiro 6

níscalo.

inqueda,
entre as túas maus de xeo,
afástome do inferno.
mergúllome nos cantís
do teu corpo elíptico,
abandoo o medo.

rexurdo da escuma
para impactar contra as paredes
da túa racionalidade.

espida,
nunha espiral de silencios,
percorro os outeiros das túas costas,
desconcertando as anteriores habitantes
desta pel, que hoxe, me pertence.

eva méndez doroxo

segunda-feira, dezembro 26

piromanía.

ardo.
o lume encheo todo,
a pel estala entre as bocas,
a espalda arquease.
ascende a quentura dende os pes ás pálpebras.
deborada quedo,
afeita ao xeo,
este incendio faime sentir.
remézome nas brasas,
anacos de min,
ardo, sigo ardendo,
tremen os ósos,
escachan os risos.
fume,
despréndese do meu corpo,
ascende ata desaparecer,
engulido polas chamas
desta combustión espontanea.

eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 21

Airón.


infórmate nos beizos,
da miña paixón.
propóñoche que mistures
a miña pel debastada
co po, monocromático,
do teu racionalismo,
para trocarnos dos pes ao inicio,
e traficar cos anacos
dunha existencia previa.

pregúntalle á lingua,
o son do meu desexo.
rescata os xemidos,
desta gorxa esgazada,
e rehabita os silencios
do compás do meu alento.

dialoga cos segundos
a aventura de esquecerme.

eva méndez doroxo.

sexta-feira, dezembro 16

Suite para Greixa nº 11.

Angorde.
Invádesme angorde,
como nun agarimo impronunciado.
O teu ollar imprime o meu contorno
nas sésegas da tea,
consérvasme.

Penétranos o olor de terra mollada,
inflámanse os sentidos,
aterrados por adiviñar, de novo,
o hai tempo esquecido.

Angorde retírote,
aparto as túas maus do meu corpo,
négoche uns beizos, aínda doentes,
do derradeiro predador.

Angorde.
Angorde invádesme, angorde.

eva méndez doroxo.

Free Counter and Web Stats