terça-feira, março 6

Plaxiando a Fatima Irene Pinto

Queridos amig@s, tenho que retirar do meu blog o poema que levaba por titulo o que arriba reza, pois contactaron-me a familia e máis a poetisa que leva por título, sentindo os meus versos como unha falta de respeto cara a ela e máis un dano moral.

Nunca pensei ofender así a unha escritora da cal gosto moito e por iso e por pedido expreso deles retiro cada un destes versos que supoño ofenden por empregar unha linguaxe que se mal interpreta.

Dignificar palabras é tarefa dos escritores e máis dos lectores e saber comprender o significado tamén, gustaríame un mundo máis humano onde descalificar non consistise en quedarse na superficie da esencia da humanidade.

Con isto, pretendo DISCULPARME publicamente ante a Sra. F.I.P e máis a súa familia e seguidores, pero quero deixar claro que as miñas palabras definen un concepto entendido dende unha complexidade que vai máis alá de empregar unha linguaxe ou outra, e que en ningún momento pretendín mancar, ferir sensibilidades alleas e DOEME enormemente que as PALABRAS non podan ser expresadas en toda a súa magnitude.



9 comentários:

Francisco Ameneiro disse...

Gosto muito del.
Tambem é bó lembrar que os poetas em geral som artistas, escultores, pintores, artesans, etc... fracasos. Incapaces de fazer essas cousas, por isso adicam-se a escrever.

Ves coma algum dia ia ter tempo de mirar o bolg.

Anónimo disse...

Volver a poñer o poema! Non lle fagas ningunha referencia á retrógrada, por moito que che gustase... Xabier

Eva disse...

grazas!! pero é unha mágoa saberse nun mundo así ¿non? e o pero é q a única referencia é un titulo.
de verdade q manca saber q algo q escribes porque che gusta dana a alguen q aínda q non coñeces che fixo ben dalgun xeito. pero o máis triste de todo é como as PALABRAS seguen a ser tabues, prohibicions e ilexitimas aos ollos de nós mesmos.
bicos e grazas

Anónimo disse...

Ben é certo que non se debe xeralizar, pero sempre crin que os portugueses se tomaban a poesía demasiado en serio. Supoño que é a cousa de ter un sistema literario pequeno no que ademais se fan cartos (non como o noso). Enfín, eu adicaríalle outro (por adicar non te poden denunciar, non?)

Anónimo disse...

Quem se quere fazer passar por proxeneta das palavras, quem se autonomea terratenente de mil ferrados de poemas, quem se masturba no hermético onanismo dos sentimentos deitados en ringleiras de tinta... quem ousa registar numha gris oficina de patentes poéticas aquilo que bebeu da etérea atmosfera dos risos e dos laios... quem?
De onde cona se pensan alguns artista-repunantes que tiram a sua inspiraçom, senom do mundo e da gente que @s rodeia?
@ artista... tod@s, estamos en costante dêveda com todo e com tod@s, e ademais, que pretende esta mulhercinha, que a sua poesia seja do gosto de todo o mundo? (que nom é o caso)
Humildade senhora minha, humildade e liberdade de palavras e ideias.
De todos os jeitos, pior seria que che sequestraram o blogue, mira o que lhes passou aos do "Jueves", sequera no tes de ir à Audiéncia Nacional.

Fernám daFrieira
SAÚDE E BICOS A CESTOS!!

Eva disse...

poetas TOD@S, ledicia de vos ler

Unknown disse...

sinto de verdade o sucedido, eva. toda a miña simpatía para ti, e a miña antipatía para unha autora que non sabe ler dúas veces. bicos, maría.

Anónimo disse...

todo o meu apoio, eva. o assunto este semelha umha conha... nem que houvera euros polo meio. estou ainda alucinando coa notícia! um abraço forte. seria moi arriscado volver ponher o poema sem o título? que nom o puidem ler!

Víctor Mañosa disse...

Eva

Fantástica a idea de ir deixando vos teus poemas no blogue. Góstanme.

Cheguei a o blogue pola estraña noticia (que lín non magazín de “La Vanguardia”) da “impugnación” (por decir algo) de FIP ao teu poema. Non lín ou poema e o lamento. A verdade e que non podo entender como un escritor non pode entender un xogo que de entrada empeza declarando “plaxiando...”, tampouco non podo entender que un escritor aínda non saiba que unha vez publicados os seus textos orixinan interpretacións que son propiedade de cada un dous seus lectores. Ou quizais si entendo...

Os poemas son excelentes.

Unha aperta.

Free Counter and Web Stats