explórome dende a ingrávida dimensión dun dedo.
repaso cada liña que difumina esta identidade excéntrica,
dotada de beleza pola ríxidez dos xestos; comisuras apretadas, ollos en tensión, respiración controlada,
rebento na soidade dunha sala chea de alentos alleos,
berro coa forza contida dunha vida inexistente,
xunto máis os beizos que se enchen de surcos querendo bicar
todas as paredes brancas que configuran individuos colectivizados,
edificios socias disque...
e agora agardando a madurez dalgunha forma verbal inventada
reinventarei o meu sexo, o cabelo desta cabeza e cada milímetro de pel
para poder saír neutral a ambiguedade dos puntos, sen comas, con pausas, sen horas...
eva méndez doRoxo
2 comentários:
rebentei esta soidade na incomunidade. abraços
pois aquí estamos para tecer-nos nas incomunidades todas!! ;-D
Beijhos grandes
Enviar um comentário