terça-feira, agosto 14

dor de cabeza

estamos aquí, nos furados e os recunchos das folhas,
sen sentido e sen senso, pero na hora do fin do mundo na que a auga zoa con tanta virulencia
que non chego a sentirte.
non podo máis que remexerme na lama, seguir movendome infinitamente,
na humedade que me cala os ossos diantre dunha velha fábrica de coches.

se sigo aquí dez segundos máis vou explotar!

por favor sácame deste espacio no que non me atopo a min mesma
no que ser non é ser,
no que trilho os dentes como maís no muínho.

sendo só farinha molhada na longa noite da vida.

2 comentários:

Anónimo disse...

Ola guapa!
vexo que os teus textos están sendo máis reflexivos e tamén máis intensos, rebordan emocións,desengano,tristeza,rabia,lucidez ...
teño un par de libros de poesia que igoal che gustarían.
a ver se nos vemos pronto e falamos,


bicos e forza!
raida

Carmencita Moreno disse...

Eva tengo blog, pero sudé la gota gorda y no entendía y al final parí esto: carmencitacantaydirige.blogspot.com. gracias por estimularme,cariños venezolanos. carmen moreno

Free Counter and Web Stats