novamente fluo polo río-lume,
as túas verbas queimanme a gorxa,
desalentan a paixón.
derréteste na suavidade dun agarimo impronunciado,
baixo miñas xemas calóricas fundes túa polpa vigorosa.
somos aristócratas dos sabores,
os inauditos captores de sutileza.
abre un pouco máis a boca,
deixame entrar,
pousate en min e flue da necesidade mesma do incomprensible.
eva méndez doroxo
2 comentários:
Parabenizada sexa a autora que armada de altofalante encheu de palabras a Rambla.
Parabéns tamén polo da Semana da Poesia
Saúde!
obrigada :) beijos mil
Enviar um comentário