en función do incomprensible: desintégrome.
na corrupta levedade do ínfimo: conxelo o sentimento amor.
perdurar é retallar a cadea, sobrepasar o tempo, enfilar a indómita sensibilidade allea,
e despois dunha loita a vida ou vida, conseguir mudar a identidade, seguir no mundo subterráneo,
sobrepoñer a natureza orgánica ao lixo do corpo en descomposición.
quero saber o que pedín antes de me esquecer de min mesma.
faloume nun susurro,
dende o lonxano eco da memoria.
apareceu a figura dunha pantasma, un ser alado (o non iniciado podería confundir con un anxo).
o resumo da incerteza,
da dignidade do peón que deambula polos teixidos do noso cosmos,
non é máis c'unha parábola da existencia mesma,
un de-sincronismo, aforismo do absurdo: permancer.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário