quinta-feira, agosto 6

variación esquizo 15

tórnome poo na ausencia de ti.
corrómpome coa incertidume do silencio eufórico, da mistura do absurdo.
son estatua de sal cando non me percorres coas túas inquedanzas.
teus sentidos trópicos de necesidade abstracta, de curiosidade infinita, explóranme, inxenuos, en aquelarre orgásmico dos sentidos.
fundidos co son dos latexos enredamonos na crítica do que significábamos.

morro sen pensarte, e sen pensarte vivo na esquizofrenia absoluta de non terte e terte,
na negación negada que se fai inversa e afonda no medio do senso do cadaver no que me convirto sen ti, fugada.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats