quarta-feira, junho 15

as casas do lume

remecendo, co garabullo da indiferencia,
observas os nosos corpos misturarse
baixo o calor do interregonte.

faiste invisible a nosa batalla.
somos as lobas famentas que se deboran mutuamente,
os ingredientes perversos do teu pensamento uniforme,
unhas sombras no papel pintado das túas paredes.

transfórmome nunha furia descontrolada,
aliméntome da miña rival nunha loita frenética por desaparecer.

agardas, co garabullo na mau,
para voltar a meterme na pota,
coas mulleres todas,
cos pensamentos pobres,
coas efímeras palabras.

eva méndez doroxo

Sem comentários:

Free Counter and Web Stats