as sustancias fíltranse polas membranas celulares,
penetran no fluxo sanguínio,
apodéranse da nosa bio-masa.
eticamente non podemos conxugar o odio,
non é estrictamente necesario que a negatividade da fotografia se expoña dada volta,
pero amamos esas miserias.
pendurados dunha corda, hai culturas, que deixan os tenis, o elemento evolutivo do desprazamento.
nós, tendemos os panos xigantes cheos de merda nos patios de luces.
cara á rúa só cordas baleiras que pretenden expresar que non temos nada que amosar, nada do que escapar.
as estradas limpas, os mobles pegados ao chan na posición perfecta para tomar o sol.
rengleiras obedientes de cascudas visitando edificios, desprazándose espidas por entre o cemento - sen imperfeccions -,
coas vidas exactas, conmutadas por un ordenador central,
a rede mátrix en tempo real.
unha ilusión reflexada no espello cuspido de sangue que non se pode limpar.
a realidade taladra as paredes moleculares, non hai xeito de escondela.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário