quinta-feira, agosto 28

descoñecido

a ti descoñecido que te colaches na miña cama cando me pensei allea á paixón.
home-insecto que me mudou de pel novamente,
lembroume meu corpo de cobra áxil e ceive.
aplastou miñas verbas baixo o manto pesado e ilóxico da indeferencia feroz e bebeu o sangue quente que mana deste corazón desexante de ser queimado polo sol da incertidume.

voltei a cova, a recitar silenciosa os versos que compuxera entre xemídos e ausencias.
enrosqueime sobre os axouxeres: tesouros inroubables nestes dias de predadores de almas.

sentín o ar secar todas as bágoas que aínda non conseguín botar. reconstruín cada unha das verbas, dos agarimos, dos ollares non interpretables e explotoei un peito incapaz de conter o berro atroz da frustación a non ser oída.

deixei de encaixar nas túas espectativas,
son unha palabra que non encaixa na pantalla do teu portátil, décheslle á tecla delete, seguindo a redacción para a publicación do teu ego.
máis eu, animal a pesar da mente, teño que deitarme nas pedras, saír quentar meu corpo ao sol e desexar co cheiro de frores alonxe teu recordo.

paixón igual sufrimento. nada que ver co amor. obsesión de renacer algo morto ser significado e significante, rexurdir da ciza e elevarme entre as cores imposíbles da máixia da utopia. unha vida destinada ao fracaso, ser indómito entre mentes escravas. mundo interior ireconciliable coa realidade.

eva méndez doroxo

Sem comentários:

Free Counter and Web Stats