quinta-feira, outubro 16

frontal

nas costuras da morte mézome.
trepo espida de palabras aos beizos dun cráneo sen carne.
espertei na oscuridade, mirei miña mau fuxir baixo teus contornos,
animal aterrado que me deixa sorberlle o zume da vida
na distancia que marca o reloxo ouveando seus cuartos para apartarte de min.

teño que meterme no armario, buscar entre as páxinas queimadas, rescatar as letras borradas polo paso das vidas e reconstruir meu magnétismo, miña personalidade gótica, revosante de perplexidade, antes de saír do esquelete que me protexe da vida, que me seca a inmácula concepción de irrealidade.

superposta no calidoscopio de papel recupero miña mau en fuga, vomitote mesturado con sangue e recapacito sobre a inexactitude do tempo que nos corrompe.

eva méndez doroxo

2 comentários:

Antón Mixiriqueiro disse...

Na túa poesía hai cousas que abraian polo seu peso simbólico. O limiar dos poemas son martelos a estoupar nos miolos, a remexer as conciencias adormecidas. É o que máis me presta cando os leo, e en "frontal" é brutal.

Un saúdo e avante

Eva disse...

mila grazas!! e un millón de bicos

Free Counter and Web Stats