paso os dedos por entre a nostalxia da pre-historia,
entre eles quedan os cabelos tinguidos dunha época irreverente,
un lugar alleo no que ficar núa, desértica, esteril.
suprimíronme as ideas.
sinto, aínda, os electródos colados en min;
queimanme a pel,
penetran as miñas redes nerviosas: "tremer a conciencia adquirida e desaparecer".
na fuxida levácheste gran cantidade de min.
roubáronme a inocencia que inutilmente atesouraba,
a duplicidade armónica de atemporalidade na que medrei.
convertíronme na boneca hiperrealista que coleccionar,
a boca dourada que vomita irracionalidade,
a dos ollos pechos que traspasan a ialma orgánica do interlocutor.
emprégasme na espionaxe de ti mesmo,
no ritmo, intervalo, posible,
na descárrega algorítmica de electricidade controlada.
son a torturadora do inconciente,
o pesadelo do outro lado do espello.
non fuxo,
colada as membranas de goma as que me fixeches adicta,
só premer o botón podo,
anhelar a calurosa morte que me inmortaliza.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário