terça-feira, janeiro 13

postales

penduro os anacos espidos dunha identidade que descubrín deserta.
na xesticulación da fase térmica perdo a conciencia temporal,
esperto á catarse do azul e penetro no anonimato.

exercín o poder do verbo,
encorbein as extremidades e desaparecín en min mesma.
naide escutiou a realidade xélida en meus beizos.

seguindo a liña discontinua a inmensidade faise area,
as cores confunden rastros de etrelas no ollar das baleas mortas.

sorprendín a viaxe na que atoparnos acho imposible.
aprendendo a ser inexplorada aturdo inociencia.

eva méndez doroxo

Sem comentários:

Free Counter and Web Stats