Invádeme o cheiro á hipocresia humana. Unha desagradable olor que se filtra polas fosas nasais e vai penetrando imparable nos meus teixidos, transformando as células virxes e saturando o meu cerebro.
Correspóndome con cada intuición polivalente e irritante. Non pretendo ser a indomable, xa non son Lilith, nin a inconformista, tampouco a virxe suicida. Son a indiferente e apática estación na que pararte a esperar o transporte que te achegue ao teu destín.
Albergo soños dentro deste corpo, pero o peso das contradiccions fíxome esquecer quen son, o meu nome sagrado.
A pesquisa deixoume sen forzas, pero descubrín que non son libre. Hai unha malgama de fíos entretecéndose ao meu redor, eu estou no centro, invisible e desmemoriada.
Repaso a listaxe de coñecemento para poder atopar a fisura pola que filtrarme e desaparecer.
O fanatismo imponse con firmeza na miña pel. Salto dun lugar chamado cama, ardo nas paixóns que descoñecen límites.
Refuxiada nuns beizos que aínda non coñezo, ou que esquecín con meu nome, pretendo escribir columnas de letras con sentido pictórico.
A beleza non está no que ollea, nin na sensibilidade do ca crea; está na memoria de quen pudo tocala.
Dámonos a mau, acto sistematico de peche, despedida, ausencia de agarimo, infortunio, hermetismo e seguridade absoluta de que as barreiras non foron traspasadas. Sorrimos hipócritas en xesto de amizade e seguimos camiños paralelos que as veces se cruzan.
¿Lembras o meu nome?.
eva méndez doroxo
2 comentários:
Hola holaaaaaaaaa!!! Joia qué bien escribes...Uhmmm...caminos paralelos que a veces se cruzan...Lo bueno es que se sigan encontrando de vez en cuando...esa sería una buena señal...Te mando mil biquiños miña rula!!!...(Algún día aprenderé a falar galego...prometido);)
mil gracias ;) bicos mil
Enviar um comentário