Remexo o absurdo da miña existencia.
Recluída, entre os brazos leñosos dunha árbore a modo de gaiola, alongo os dedos para tocar a realidade prismática.
Percorro o asfalto con pes de sal, sorteando as chorcas de bágoas que borran as miñas pegádas. Dolorosa peregrinaxe á Meca do coñecemento, da sabiduria segreda, a que algunha mulleres recolectaron ao principio dos tempos.
No momento que saímos de Urano para trazarnos simétricas unha división correcta entre o descoñecido e o que non se debe compartir nos bosques de incertidume.
"o futuro é unha astronave que intentamos pilotar, non ten tempo, nin piedade, nin ten hora de chegar."
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário