Xa ves, cando esperto, non estás aí: nin por riba, nin por baixo, nin ao meu carón, nin...
Fun unha incrédula ao pensar que seguirias abstracto, peredne e dócil nunha cama sen lados.
Erguindo a transparencia - da existencia analóxica-, formamos a concentricidade do medo.
Seguimos atrapados na inconsistencia, na precariedade do verbo.
As veces, olleo por riba da almofada, olisqueo o perfume do paso do tempo, revivo os momentos de extraño percorrer, como se a eternidade fose algo posible.
Pecho os ollos e transporto os dedos ao carón do teu alento, unha homenaxe ao deserto nestes dias de chuvia.
Afondo sen medo na disciplina canónica, na ordenanza das estatuas e o impasible estirar as sabas, pero non me axudan as tarefas a recontruir unha cama con bordes polos que caer xogando a escapar de ti.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário