fálasme nunha lingua que che é allea
para que os agarimos se fundan na miña esencia.
reprimes o xemido da miña boca,
mentres eles aniquilan as verbas que me compoñen,
preténdenme desaparecer!
teus beizos suaves murmúranme o meu nome para que me mostre,
inconsciente, entre túa lingua e a miña,
case transparente, érgome.
loitar quero,
non someterme ao esquecemento,
fuxir da conformidade,
enxebre, libre, sólida!
miña carne desexa,
meu corpo pretende,
noso idioma comunica_
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário