cantas veces teño que escribir dor, para deixar de sentirte?
formulo, redacto, explico e significo,
tan só tres letras compoñen unha vida enteira
feita de anacos cosidos con punto de cruz.
rexeitar os efectos secundarios da felicidade infinita
é, cando menos, unha osadia, castigada coa ruptura do fio,
desmembración das telas,
composición da dor.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário