ancorada na malgama laberíntica das túas lembranzas
aparto o ollar da definición de beleza á que te refires,
a pé de páxina, oculto tras os dédos do que noutrora
chamein fotografía.
fundamentalismo do ingrávido,
nomenclatura absurda que desrecoñezo,
porque a infusión da vida me escalda angorde,
como para non queimarme, e así mesmo consumirme
quente de abondo como para que a miña esencia
se evapore contigo, a cada grolo.
deberías lembrarte dos beizos que sandaron as túas feridas
e agochar a prepotencia varonil tras esas uñas de gata
que tanto me arrabuñaron,
pero aferraste á nova vida,
a unha liberdade virtual na que pilotar outros corpos é materia divina,
e eu, agardo, non sei aínda o qué, pero agardo dalgún xeito,
cos sensores se desconecten e me vexas espida e doce,
ao carón ezquerdo dese peito que anhelo.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário