segunda-feira, janeiro 24

quincalla

nas caricias silenciosas que debuxo nos teus xestos,
intentas explicarme cada palabra túa
nun nó de miradas incomprensibles.

accédote polos beizos mollados,
cando os depositas na miña pel desconfiada.

imaxínote cando os ollos non poden verte
e o ollar pérdese nun diálogo infinito,
baixo a brétema dos interrogantes
que algún día ceibarás ao lume.

non me coñeces e escápasme,
acumulas quilómetros de verbas
para apartarme do teu alento,
das túas caricias,
do teu pensamento.
e eu,
ancorada nas lembranzas da túa pel,
dos nosos soños,
agardo saber se algún día
arrincaranme as túas maus deste cautiverio.

eva méndez doroxo

Sem comentários:

Free Counter and Web Stats