domingo, março 1

vodka

son o naufrago da noite.
a serea que fai petar os barcos nas rochas.
o mariñeiro que afonda.

busco a verdade na ignorancia dos que xulgan.
as linguas traspásanme a pel,
féndenme os ósos.

érgome famenta,
embolta dunha inocencia que atrae ao predador.
engúlenme os rumores,
hai quen cree coñecer o que pasa neste interior cheo de auga, sal e noite.

eva méndez doroxo

Sem comentários:

Free Counter and Web Stats