lamento a velocidade coa que as verbas adelgazan ata transformarse, tan só, en lembranzas.
somos parte do inexistente drama da nosa perversa mente.
eclosión de alentos que nos deitan os desexos.
murmuran as linguas,
os beizos producen estranos sons ao intentar fabricar significados esquecidos.
non hai máis realidade ca da chuvia caendo polos espidos corpos da humanidade,
só hai medo a entender o significado do verbo pronunciado, angorde, tras unha orella quente que agarda ser desexada.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário