sexta-feira, julho 22

informe DAFO.

inclínome a pensar que es o algoritmo perfecto.
a compoñente da fórmula matemática que son,
o misterio de incógnitas que resolve a ecuación da miña incertidume.

aparento axitada coa xiz entre os dedos,
pero invádesme coa sixilosidade felina
que te caracteriza,
para despexar do encerado os números, comprensíbles, só, para nós.

podo asegurar, con certa forza argumentativa,
que elévasme a cotas expoñencias insospeitables,
polo que resolvo: es a letra que resulta insustituíble nos poros da miña existencia.

eva méndez doroxo

2 comentários:

Anónimo disse...

Na miña vida o DAFO me fixo sentir tales cousas... Parabens, eres unha poetisa incrible!!! certamente incrible!! Encantoume o teu blogue!

Isa Herrero

concubina da morte disse...

mil grazas linda, bicos

Free Counter and Web Stats