quarta-feira, setembro 2

alteracions: para cuarteto de corta

engulidos polas baleas subterráneas trasladámonos.
movementos tácitos,
pequena regurxitación de personalides mornas.
ollámonos andróxinos,
esforzamos un sorrir: herencia directa dunha amizade ilusoria.
sorprendémonos entre as costelas férreas das baleas que nos conteñen.
o son metálico dos dentes expirando un cántico premortuorio.
nós dentro delas,
iluminados coa decadente luz do pasado,
mármoreas estatuas,
esqueletes psicolóxicos dunha época.

vexo o ollo brilar alén de min,
respiro ingrávida unha conciencia que me é allea,
sei que un dia voltarei a ter o sol quente entre meus dedos, sen queimar-me...

inspiro o fin.

eva méndez doroxo

2 comentários:

anabela brasinha disse...

o sol decide se queima
se são mágicos
não sabem os dedos
só no momento

o acabar é um ser
que não se mata
morre quando quer
entretanto
apenas se pode deslocar

Eva disse...

obrigada anabela ;) beijos

Free Counter and Web Stats