terça-feira, julho 6

pesquisas

atrofiadas extremidades alleas ao corpo,
dormitan na profundidade motriz
dunha nova forma de vida.

acostumados ao simple,
os organismos superiores
aniquilan a complicidade orgánica
da linguaxe astro-circular.

atópote anómalo pero non podo
resistirme ao complexo da túa lingua.

eva méndez doroxo

Sem comentários:

Free Counter and Web Stats