sigo viva.
seino porque a presión dos dedos faime xemir.
supuro líquido por todo o que antes era o meu corpo.
vexo meus miolos escorrerse pola baranda de ferro.
fun o maná dos corvos, vestidos de amarelo, que se apresuraron en recollerme do chan.
agárrome á cadea de verbas incomprensibles que reconstruen o meu cadro clínico,
a miña incomprensible e irritante maneira de represión vulgar.
ollo para os textos que se representan en imaxes dixitais,
aspiro o alento dunha recóndita rexión-mar, que chaman psicósis paranoide.
sinto como me apertan as descárregas de sal,
vomito os fluidos sanguineos na taza branco-nuclear.
desgarro a visión abrupta na que afondar miñas queixadas famélicas.
ordeo a este corpo desmembrado que execute un derradeiro esforzo para poder escapar.
invádeme a incertidume mentras olleo o meu cerebro no que semella unha mesa de operacións.
extírpanme as ás.
cósenme e deixanme seguir vivindo.
no reflexo do espello hai unha pelicula grabada,
é a única proba que teño: un dia quixen ser libre.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário