domingo, março 29

sospeitaba

foi como sentarse no xeo.
entrar nunha caixa de cartón.

derretéronsenos os beizos coas miradas hipócritas,
consumidos silencios entre susurros e nostalxias.

agardo a crítica fulminante que axilice a exérese,
atopar a masa empastada na parede e no chan.

suprimo calquer escena obscena da memoria,
neutralizo o gasto enerxético que me supón ollarte e empezo a esquecer.

non sei cuantas son as veces que rematein un verso con lembranzas,
con palabras de crital nun fondo diamantino,
nunha realidado fosfática na co protagonista mudaba unha vez máis de pel.

comprendo a miña incapacidade para relatar o absurdo,
para diseccionar o lipoma que me atravesa o peito.
tropezo unha vez máis con teus dedos de madeira,
túa viaxe incompleta ao un lugar chamado karsinov.

feito cachiños gardote nunha caixa de cartón que roubein no corte inglés.

tabilhona

Sem comentários:

Free Counter and Web Stats