terça-feira, março 3

inexistencia

encántame verte desaparecer.
pechar a porta,
apagar a luz,
desconectarte do internet.

encántame que tan só sexas a imaxe das lembranzas.
un adeus impronunciado,
o antagónico ser que resume a miña vida toda.

debezo cando escoito o teu nome noutros beizos,
cando as letras das cancións que non bailamos se filtran por entre as cortinas.

amo o xeito irónico que teis de pechar os ollos,
de pecharme as maus,
de arrincarme as bágoas.

suprimo o vértigo que me produce imaxinar verte,
cruzarnos na rúa,
atoparte ardente, contemporaneo, abstracto.

somos o froito da espera,
o inconforme,
aquelo que non acontence.

emerxes da verdadeira esencia do meu ser,
da profundidade toda na que bucear sen oxíxeno, sen lentes, sen traxe.

eva méndez doroxo

Sem comentários:

Free Counter and Web Stats