atormentame teu latexo.
habitasme.
chuchasme a vida,
o sentido,
a comprension.
sinto como medras,
como te apoderas das miñas extremidades.
aterrame que me poseas,
pero son tua dende antes de saberte.
muxo a interdialectica monocroma das partes que me compoñen.
remexo os fluidos da ingravida sensacion de non terme.
mordo a lingua para non nomearte.
olleinme ao espello,
atopeinte invadindome coa grotesca forma do que quere ser descuberto.
eva mendez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário