"soy tu propio dolor, déjame amarte".
luis rosales
noutrora, cando nos batiamos inquedos baixo o branco, fun indómita e salvaxe,
irreverente, mostruosamente alegre, propia.
hoxe, no fondo do gris, os pedazos de min colgan ingrávidos,
coséronme o riso.
non nos atopo xogando coas peles e a palabra escrita.
as puntas dos dedos tornáronse vermellas arrincando cada anaco do teu ser.
ollo impasiva a destrucción da que son musa,
esbozo unha fíasca de pracer no océano con que contemplo a aniquilación sistemática do que,
noutrora, cando habitabamos baixo o branco, fóramos.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário