limpo a area do deserto da miña habitación.
soñei que ía sen rumbo cara os cantís de dunas fervendo
co ar era alento de lembrazas esquecidas.
dóeme a pel.
nos ollos non me quedan bágoas para ser feliz.
teño os beizos rachados, cheos de pintura e vermes.
nos dedos encoran todas as letras dun idioma simbólico,
que falábamos cando nenos alá na auga.
remexín as entrañas dos mortos en busca dunha resposta teimosa.
recompensada me sinto ao mirar as maus limpas, cheas de sangue.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário