doe no peito cada punto e aparte.
obvío as mayúsculas só para evadirme de ti,
túa existencia persigue o rastro
dunha identidade fráxil,
dunhas maus que tremen e dubidan cada coma.
doe no peito cada silencio,
cando o alento me falta,
cando o cerebro se para intentando non pensar,
cando o ar, respiro,
cando preciso facerche calar.
non teño ferramentas,
nin ollos,
non teño mostras da realidade,
nin os mapas topográficos dos sentidos,
os cinco, seis, sete mil sentidos nos que perderme cada segundo
antes de espertar inxenua,
virxe de puntos,
de comas,
de ti.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário