nótasme espída,
embriaga de formas, sabores, caricias.
salgada polas bágoas que me vertes
dende a túa incomprensión de nós.
alónxaste esquivo a outras peles,
desertos nos que a sede te achega á morte,
para voltar aos meus excesos.
aliméntaste da miña fonte inacabable de vida,
mergullas a fame nos meus peitos desexantes de ti
para fuxir cada segundo a frondosos infernos,
insalvable amor desconcertado.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário