somos a suma de instantes que deixamos escapar.
formo parte do teu córtex,
do código xenético da túa memoria,
de todas as células que compoñen a túa pel.
alóxome nas túas fosas nasais,
en todas as túas minusvalías,
na xema de teus dedos horfos de min.
exísto cada segundo na lembranza do que non foi,
na negatividade do vértice,
no alento contido para que non desapareza toda eu
dos segundos que aconteceron a nosa felicidade.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário