terça-feira, julho 24

intramuros

nacin espida.
sen ollos na cara,
nin lingua para me lamber.

medrein barroca, complexa, híbrida.
unha identidade tambaleandose
na corda do autocoñecemento.

atopamos cada noite o pracer
das linguas quentes
buscandose.

medro dentro teu,
enchoo todo.
fixo o meu sentimento na túa oscuridade
e misturome coas mazás brancas
dos teus peitos adolescentes.

palpote coas cuncas
voltas contra min. observasme.

nun interminable intercambio de xestos
facemos o amor bruscamente
para descubrir-nos unha e outra:
espidas,
sen ollos na cara,
nin lingua para nos lamber.

Eva Méndez doRoxo

Sem comentários:

Free Counter and Web Stats