quinta-feira, julho 12

anatomia esquecida




a túa vida toda
pendurada dos anacos brancos da miña.

ligazons esporádicas sen puntuación nin espacios.

reprimir as bágoas non serve de moito
cando a imaxinación nos taladra
regurxitando as neuronas.

Estrés,
bendito refuxio que nos fai hoxe menos culpables de ser nós mesmos.
anxos proscritos e
Diaños de aladas brancas
dos que esquivamos cada reflexo
por crernos mellores que todos eles.

Mais ti, agora...
caes da miña gorxa
nunha vertixinosa carreira ao esquecemento,
despenduras cada palabra da miña vida
e levala contigo,
máis alá de min.
para cos meus beizos de lume
non chuchen de ti a salvia
dunha estrada chapapoteada que che facilita unha existencia
de superficialidade ilícita
na que traficas coas almas dos que algun dia cremos en ti.

Eva Méndez doRoxo

Sem comentários:

Free Counter and Web Stats